HomePontevedraBaixo MiñoMáis dun medio centenar de persoas coñeceron o Tui literario con Marga...

Máis dun medio centenar de persoas coñeceron o Tui literario con Marga do Val

- Anuncio -spot_img

O programa “Coñece o noso patrimonio” do Instituto de Estudos Tudenses comezou onte con esta primeira visita  

Máis de medio centenar de persoas participaron onte luns no “Paseo literario polo corazón de Tui”, a primeira das visitas do programa “Coñece o noso patrimonio” organizado polo Instituto de Estudos Tudenses, coa colaboración do Concello de Tui.

A escritora e profesora Marga do Val guiou un percorrido por diversos lugares da memoria literaria tudense. Partindo dende a Alameda de San Domingos, abordou a vida e obra de poetas, novelistas e galeguistas que naceron, viviron en Tui ou tiveron unha conexión coa cidade.

Foron destacados os nomes de  Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Eliseo Alonso, Emilio Álvarez Blázquez, Maruxa Mallo, Faustino Rey Romero, Prudencio Areal Alonso, Manuel Fernández Valdés, Teodosio Besteiro Torres ou Manuel Rivas, entre outros; e obras como “O señorito da Reboraina”, “Ferida acústica de río” ou “En Tui llueve diferente”.  

Comezaba o roteiro no miradoiro da Alameda de San Domingos lembrando a figura do poeta da lírica galaico-portuguesa da Idade Media, Golparro.  O camiño proseguiu polo paseo da Familia Álvarez Bázquez, os Xardíns do Troncoso e a glorieta de Vigo, para rematar no paseo da Corredoira.

Un gran éxito na primeira visita do programa “Coñece o noso patrimonio”, que continuará  con dúas propostas vinculadas ao Camiño de Santiago. O martes 23 de xullo ás 20.30 h o historiador Rafael Sánchez Bargiela impartirá unha conferencia sobre os “700 anos da peregrinación da Rainha Santa. Terá continuidade o venres, 25 de xullo, ás 9 h, cunha camiñada comentada polo Camiño Portugués dende a rúa Olímpicos Tudenses ata a Capela de Nosa Señora do Camiño.

Publicacións Relacionadas