Home Pontevedra Caldas Majo Güimil encabeza a candidatura do BNG á Presidencia da Entidade Local...

Majo Güimil encabeza a candidatura do BNG á Presidencia da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa

- Anuncio -

Majo Güimil: “Preséntome para para que as persoas que vivimos en Arcos da Condesagañenos calidade de vida”

Natural e veciña de Arcos da Condesa, María Xosé Güimil Trigo, “Majo”, coñece o lugar como a palma da súa man, e conta cunha folla de ruta clara para sacar á entidade do abandono á que está sometida, e devolverlle ilusión e perspectiva de futuro aos nosos veciñas e veciñas.
“Creo que temos dereito a gozar do espazo público e a que este sexa mantido en boas condicións, e creo tamén que necesitamos poñer en valor o noso patrimonio, e que as veciñas e os veciños se sintan orgullosos de ser de Arcos”, afirmou a candidata nacionalista.

Arcos necesita uns accesos dignos. “Temos que recuperar a rede de pistas e camiños que na actualidade están abandonados, mellorar a iluminación pública, garantir un acceso digno a todas as vivendas, e facelo garantido a seguridade tanto para as persoas como para os vehículos”.

A candidata nacionalista aposta decididamente “por un monte multifuncional, que se converta en xerador de emprego e recursos e, ao mesmo tempo, sexa un lugar aberto ao lecer e ao deporte” e polo “apoio ás comunidades veciñais para mellorar e buscar novas captacións de auga que nos permitan ter auga de calidade e en cantidade suficiente para as nosas necesidades”.

En definitiva, afirmou Majo Güimil, “eu quero sacar a Arcos da Condesa da atonía e decadencia na que se atopa. Quero que a Entidade Local sexa un lugar ao que os veciños e veciñas vaian a exercer aos seus dereitos e non saian debendo favores. Quero potenciar o papel das asociacións e colectivos. E Quero, con diálogo, seriedade e firmeza, sentar as bases dun Arcos da Condesa que deixe atrás as inercias e a pasividade, para coller dinamismo, impulso e avanzar”.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas