Home Pontevedra Caldas Manuel Fariña: “O BNG asina un contrato coa veciñanza para que Caldas...

Manuel Fariña: “O BNG asina un contrato coa veciñanza para que Caldas sexa un concello onde se poida traballar e dea gusto vivir”

- Anuncio -

O candidato á alcaldía de Caldas de Reis, Manuel Fariña, afirmou hoxe que os 15 puntos do
programa de goberno do BNG é un compromiso de acción, un contrato coa cidadanía para
transformar Caldas nun “concello onde se poida traballar e dea gusto vivir”.

Entre os puntos que salientou o candidato nacionalista están abrir as pozas da Tafona nos 100 primeiros días de goberno, e recuperar e poñer en valor a fábrica da luz e o seu entorno para que sexa un “referente turístico de primeira para Caldas”.

Ademais, o BNG aposta por poñer en valor o Campo da Torre e a Prazuela, “devolvéndolle o espazo público ás persoas”, mellorar o entorno do Umia e o Bermaña, ampliar e mellorar a rede de saneamento no rural, conservar e mellorar a seguridade viaria en todas as rúas de Caldas, ampliando as beirarrúas, reducindo o tráfico de paso e calmando a velocidade.

Para Manuel Fariña, o contrato que o BNG asina coa cidadanía incide tamén na mellora das instalacións deportivas, nunha programación cultural e deportiva estable ao longo do ano, que inclúa ás parroquias, a mellora da limpeza e mantemento de rúas, parques e xardíns. “Unha vila coidada e pensada para as persoas fai máis fácil a vida e axuda á dinamización social e económica”, afirmou Fariña.

O candidato nacionalista fixo fincapé na necesidade de “fomentar o desenvolvemento económico e o emprego, apostando polo comercio local e a industria”.
“O meu compromiso e o compromiso do BNG é un compromiso firme cos veciños e veciñas de Caldas, un compromiso feito desde o diálogo, a honestidade e a transparencia, un compromiso para solucionar os graves problemas que temos e facer de Caldas un concello onde a xente poda vivir cómoda, segura e feliz”.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas