HomePontevedraPoioMarga Caldas anuncia que xa está aberta a consulta pública do borrador...

Marga Caldas anuncia que xa está aberta a consulta pública do borrador da futura ordenanza de Conviviencia Cidadá

- Anuncio -spot_img

• Deste o pasado mércores a cidadanía ten a posibilidade de informarse sobre o documento e facer as súas achegas a da páxina web do Concello de Poio

• A edil de Seguridade Cidadá incide na importancia de contar cunha ferramenta que “garante unha maior calidade de vida” e que corrixirá cuestións como “as molestias derivadas por ruídos e contaminación acústica”

A concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas (BNG), informa de que xa está en consulta pública o texto correspondente ao borrador da futura ordenanza de Convivencia Cidadá. Deste o pasado mércores, día 2 de novembro, a veciñanza xa pode consultar o texto a través do Portal de Transparencia da Sede Electrónica, así como realizar vía ‘on line’ as achegas que considere oportunas, en aras de “consolidar e dar vida a un documento o máis completo posible, que garanta unha maior calidade de vida de todas e todos”, sinala Caldas Moreira.

As propostas poderanse realizar ao longo dos vindeiros días, antes de que se leve a cabo a aprobación inicial do documento, na ligazón https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdv2YyRV_WBYgPsZLCPm_enIw26vXVJpJ3Pi_ 3Kll6r5HXg/viewform. “Esta ordenanza ten a finalidade de preservar o espazo público como un lugar de convivencia e civismo, no que todas as persoas poidan desenvolver en liberdade as súas actividades de libre circulación, de lecer, de encontro e de recreo, con pleno respecto á dignidade e aos dereitos dos demais e á pluralidade de expresións e deformas de vida diversas existentes no Concello de Poio”, indica a titular de Seguridade Cidadá. A este respecto, Marga Caldas salienta que “damos así unha resposta democrática e consensuada a unha necesidade do municipio”.

O regulamento aspira a dar solución a determinados problemas e situacións que teñen que ver coa organización e autorización de actos públicos, a degradación visual da contorna urbana por pintadas, pancartas e carteis, o uso inadecuado de xogos na vía pública, o consumo de bebidas alcólicas, actitudes vandálicas ou a contaminación acústica. “Animamos á cidadanía a que revise o documento e faga as súas achegas, xa que esta será a ferramenta que axudará a garantir unha mellor calidade de vida para todas e todos”, apuntou Marga Caldas.

Precisamente, esta futura ordenanza foi unha das cuestións abordadas na última Xunta de Seguridade Local, que tivo lugar a finais de outubro e que contou coa participación da subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, e representantes da Policía Local e da Garda Civil. “O documento permitirá unha maior coordinación entre as forzas de seguridade, especialmente en cuestións como o control da contaminación acústica durante as noites, xa que, deste xeito, a Garda Civil contará cunha ferramenta coa que
poder velar polo cumprimento dos límites neste eido”, apunta a edil do Goberno local.

Publicacións Relacionadas