Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Marín María Vázquez, protagonista de Matria, será a madriña do Festival de Cine...

María Vázquez, protagonista de Matria, será a madriña do Festival de Cine do Mar, que arranca mañá en Seixo

- Anuncio -

A actriz, gañadora do Mestre Mateo á mellor interpretación feminina e da Biznaga de Plata á mellor interpretación, estará na apertura do festival, na que se proxectará a película. As entradas repártense gratis previamente no Museo do Mar. 

O cine, o mar e a cultura estarán presentes durante toda esta semana en Marín, coa celebración do I Festival de Cine do Mar, que arranca cunha primeira edición por todo o alto contando como madriña con María Vázquez, protagonista da película Matria

A actriz estará na apertura do festival, mañá ás 19.30 horas no Cine Seixo, para dirixirse á audiencia e falar con ela, previamente á proxección do filme de Álvaro Gago, polo que Vázquez gañou o premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina e a Biznaga de Prada á mellor actriz do Festival de Cine de Málaga, ademais de acumular nominacións á mellor interpretación feminina protagonista dos XXXVIII Premios Goya e por mellor actriz protagonista aos XI Premios Feroz. As entradas para asistir á inauguración do festival e á preoxección do filme repártense gratis previamente no Museo do Mar. 

A de mañá será, por tanto, a xornada inaugural dunha semana chea de programación. A partir do mércores, todas as actividades trasládanse á Biblioteca Municipal Vidal Pazos. Ese día ás 19.00 horas, os autores Anxo Cabada e Antón Davila presentarán a súa obra A última dorna de Ons e ás 20.00 horas celebrarase unha mesa redonda sobre patrimonio marítimo na que participarán Antón Pousada e Xosé Vilas, presidente do Grupo Cultural Ronsel; Fernando García, da Asociación Cultural Os Galos; Xaquín Fabeiro, presidente do Club Mariño A Reiboa, e Ramón Collazo, presidente da Asociación Galega de Carpinteiría de Ribeira.

O xoves arrancará o festival propiamente coa proxección das curtas da categoría de Ensino, coas seguintes obras presentadas: 

Entroido 2022, do CEIP Carballal 

As praias de Marín, do CEIP Carballal 

Mergullo nas rías, do CEIP Carballal 

Un tesouro nas rías, do CEIP Carballal 

Mar de redes, do IES Félix Muriel 

U-los mariñeiros en Marín?, do CEIP Sequelo 

Mareas vivas de Lourizán, do CPR Sagrado Corazón de Placeres 

Acto seguido, ás 20.00 horas, celebrarase a segunda mesa redonda do festival sobre o Museo do Mar de Marín, na que intervirán os membros da asociación José Antonio Pérez, María del Puerto Pérez, Xosé María Vilaboa e José Manuel Pesqueira. Finalmente, ás 20.30 horas, proxectarase o documental Homenaxe ás Mulleres do Mar, de Lukas Santiago, na que se pon en valor a traxectoria de Carmen Abreu, Chicha Domínguez, Manuela Couso, Lina Pazos, Juana Soto, Marisa Pazos, Ana González, Concepción Santiago, Dolores Dopazo e Visitación Núñez. 

O venres 24 de maio será a quenda da categoría de novos/as creadores/as, coa proxección das seguintes curtas a partir das 19.00 horas: 

Cantiga, de Ángela Castro 

Nostra In Mare Fortuna, de Álvaro Martínez 

Treito, de Carolina Segovia 

Dorna, de Antón Guerrero 

Vogar, de Andrea de la Iglesia 

Voltar do mar, de David Pérez-Rodrigo Santiago 

Unha vez rematadas as proxeccións, a partir das 20.00 horas, acompañaranos Marcos Gallego, director da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, un certame colaborador que traerá a proxección de tres pezas: ● Singlando do Albán, de Tito Pérez, presentado no certame no 2021 ● Atalaia/Piueiro, de Xisela Franco, mención especial do certame no 2022 ● Tatuado nos ollos levamos o pouso, de Diana Toucedo, mellor película da mostra do 2022

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas