Será no Pavillón da Raña e está previsto que participen cerca dun centenar de deportistas desta disciplina de 22 clubs de toda Galicia.
A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, xunto coa vicepresidenta da Federación Galega de Atletismo, Esperanza Meilán, e o representante do Club Mats, Ángel Torres, presentaron esta mañá no Concello o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo, que terá lugar o 15 de xaneiro no Pavillón da Raña.
Con todas as inscricións pechadas e as miradas postas nas tres estrelas locais, Iván García, Sergio Troitiño e Arlet Ortiz, o evento acollerá a cerca de 100 participantes procedentes de 22 clubs de toda Galicia. É a primeira vez que se fai un campionato a nivel autonómico desta disciplina na nosa vila desde o 2016.
O evento será de 09.00 a 14.00 horas e e contabilizará para o ranking galego RG8.
A entrada será gratuíta



