Marín executa proxectos por máis de 8,6 millóns de euros conseguidos grazas á xestión de financiación externa

adminON
Lectura mínima de 5

A Xunta de Galicia, o Ministerio de Transportes, a Deputación de Pontevedra ou os fondos Next Generation da Unión Europea son algunhas das fontes de financiación coas que traballa codo con codo o Concello para acadar inversións claves para a vila, imposibles de asumir só co Orzamento municipal 

Marín está vivindo un momento de efervescencia na execución e consecución de proxectos que permiten transformar o espazo urbano, mellorar a seguridade e dotar de mellores servizos e infraestruturas á cidadanía. E todo elo con cero custo para as arcas públicas municipais, xa que son obras sen cofinanciación. 

A alcaldesa, María Ramallo, fixo esta mañá un balance dos proxectos para os que o Goberno local traballou de cara a conseguir a súa financiación externa. “Somos un Goberno realista e sabemos que o noso Orzamento municipal, agora máis ca nunca, non permite facer grandes inversións. O gasto corrente, o de pagar os gastos diarios, si que o temos asumido e medido, pero as obras de calado que requiren de grandes cuantías non podemos facelas por nós mesmos”, explica a rexedora. 

Por iso, a xestión municipal para acadar financiación externa, “que leva moito esforzo e tempo de traballo intenso, que non se ve pero se fai día a día”, dá os seus froitos e por iso a vila conta cunha serie de inxeccións económicas doutras administracións que están permitindo facer proxectos clave de mellora.

“En total, nestes momentos estamos a xestionar algo máis de 8,6 millóns de euros en proxectos como as humanizacións da Avenida de Ourense e de Concepción Arenal, o saneamento do río Lameira, a repavimentación do entorno do Carballal, a mellora do pavillón da Cañota, a remodelación do Lago Castiñeiras, a recuperación medio ambiental da antiga dársena portuaria…”, enumera a alcaldesa, facendo referencia a proxectos que están en execución ou ben acaban de ser licitados ou se atopan nese punto da tramitación administrativa. 

Lonxe do conformismo, Ramallo adianta que “nestes meses de verán, centramos o noso traballo en preparar o que serán as próximas convocatorias a fondos europeos que se anuncian para o último semestre do ano. Poder concorrer a estas convocatorias supón ter todo o traballo feito de antes e nós contamos con eses documentos estratéxicos obrigados para estar á altura: o Plan de Mobilidade Urbana Sostible e a Axenda Urbana”. 

“Agora”, especificou a rexedora, “temos que analizar que proxectos e accións das alí recollidas encaixan coas cousas que Europa está disposta a financiar, pero seguiremos pelexando e traballando por acadar inversións de futuro para Marín sen necesitar nin un só euro de cofinanciación municipal, para non afectar nin comprometer as nosas propias arcas públicas”. 

TÁBOA ESPECÍFICA DE PROXECTOS 

Proxecto  Inversión  Fonte de Estadofinanciación 
Avenida de Ourense  1.250.000 euros  Ministerio de En execuciónTransportes 
Humanización de Concepción Arenal 800.000 euros  Xunta de Galicia En execución
Saneamento do río Lameira 3.300.000 euros  Xunta de Galicia En execución

Creación dun 

aparcadoiro disuasorio no Campo 647.000 euros Xunta de Galicia Executado

Repavimentación e mellora da seguridade viaria no entorno do CEIP Carballal 53.240 euros  Deputación de En execuciónPontevedra 
Mellora da eficiencia enerxética e da confortabilidade no Pavillón da Cañota 662.800 euros  Deputación de En execuciónPontevedra 
Renovación do pavimento e mellora da seguridade nos viais municipais da Barriada Virxe do Carme 215.000 euros  Deputación de Adxudicada, Pontevedra próxima a iniciarse
Senda peonil entre Pardavila e Ruanova 1.188.000 euros  Deputación de En proxectoPontevedra 
Remodelación e posta en valor do entorno do Lago Castiñeiras 200.000 euros  Plan de Adxudicada, Sostibilidade próxima a Turística en iniciarseDestino (Next Generation UE) 
Proxecto de recuperación medio ambiental da antiga dársena portuaria para actividades náutico-deportivas 300.000 euros  Plan de Lista para Sostibilidade licitación o Turística en proxecto do Destino (Next vaso hidráulicoGeneration UE) 
Comparte este artigo