A mala previsión de chuvia motiva este cambio, pero desde o Concello aseguran que será un acendido “cheo de maxia tamén” e coa chocolatada posterior, que se servirá no hall
A chuvia non desmerecerá o acendido do Nadal de Marín, previsto para mañá, venres, ás 18.30 horas. O que si obligará é a cambiar o lugar: será desde o Concello, onde a Batucada Axé Bahía acompañará ás persoas que se acheguen e á alcaldesa, María Ramallo, a facer a conta atrás e premer a botoneira que acenderá o Nadal na vila e inaugurará unha das etapas máis bonitas do ano.
A botoneira colocarase nos soportais da entrada do Concello, cuia praza dianteira tamén estará decorada con motivos de Nadal, e despois ofrecerase chocolate con churros de balde dentro do hall do Concello, que xa locxe tamén o ambiente de Nadal coa árbore central. Media horiña antes, iniciarán a súa actividade na Alameda dous dos grandes atractivos do Nadal: o carrusel, organizado por Estrela de Marín e que estará funcionando ata o 7 de xaneiro, e o tren, que estará en funcionamento do 5 ao 8, do 12 ao 14 e do 19 de decembro ao 4 de xaneiro, en horario de 11.45 a 13.30 e de 17.15 a 21 horas. Tamén abrirá a Mostra de Artesanía.
A partir de entón, seguirá toda a programación, que detallamos a continuación:
Sábado, 6 de decembro
12:00-21:00h. V MARÍN GAMING. Carpa do Parque Eguren.
19:00h. CONCERTO SOLIDARIO en favor do CEDDD Galicia, co Cuarteto Jaime Vilas, Grupo Loureiro Verde e Lirolúa. Organiza: O Priorato de Apolo. Biblioteca.
Domingo, 7 de decembro
12-20h. V MARÍN GAMING. Carpa do Parque Eguren.
18:00h. Pasarrúas de Nadal BANDA DE MÚSICA DE MARÍN.
Martes, 9 de decembro
Comezo das RUTAS DO TREN DE NADAL nos centros escolares de infantil e primaria de Marín.
Venres, 12 de decembro
17:00-21:00h. LUDOXORNADAS: Xogos de mesa. Museo Torres.
19:00h. Concerto de Nadal da UNIDADE DE MÚSICA DA ESCOLA NAVAL MILITAR. Multiusos.
Sábado, 13 de decembro
17:00-21:00h. MINI MERCADO DE NADAL coas ANPAs de Marín. Carpa do Parque Eguren.
18:00h. Bailes de Nadal das ZUMBIS. Parque Eguren.
Domingo, 14 de decembro
17:00-21:00h. LUDOXORNADAS: Xogos de mesa. Museo Torres.
Martes, 16 de decembro
18:00h. Inauguración FEIRA NADAL MARÍN. Alameda (Ata o 5 de xaneiro).
Venres, 19 de decembro
17:30h. Inauguración CARPA ENGADO MARÍN INFANTIL e XUVENIL. Parque Eguren (Ata o 06 de xaneiro). Horario:
ZONA INFANTIL: de 11:30 a 13:30h e de 17:00 a 21:00h
ZONA XUVENIL: de 12:00 a 14:00h e de 18:00 a 22:00h
18:00h. Festival de Nadal da ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA. Biblioteca.
19:00h. Entrega de premios do CONCURSO DE CONTOS E POSTAIS DE NADAL.
Organiza: Ateneo Santa Cecilia. Local do Ateneo.
Sábado, 20 de decembro
17:00h. VI GALA BENÉFICA “Haz Realidad su ilusión” de Botondeancla. Salón de Actos do IES Illa de Tambo.
17:00h. Actividade de DINAMIZACIÓN COMERCIAL co espectáculo “ROMERÍA”, a cargo de Raquel Queizás. Organiza: Asoc. de Comerciantes C.C. Morrazo e Concello de Marín. Centro Comercial Morrazo.
Domingo, 21 de decembro
12:00h. PAPANOELADA MOTEIRA. Percorrido: saída da Praza de España, Vial de praias, Seixo, Castro, José del Río, Concepción Arenal, Ezequiel Massoni, Jaime Janer, Concepción Arenal, Lameira,… finalizando na Alameda. Organiza: Galicia Solidarios.
Luns, 22 de decembro
17:30h. Bailes de Nadal das ZUMBIS. Prazas de Marín.
Martes, 23 de decembro
19:00h. Actuación de maxia “Imposibles ou improbables”, do MAGO JORGE LORENZO. Organiza: Ateneo Santa Cecilia. Local do Ateneo.
Mércores, 24 de decembro
11:00h. Pasarrúas CANTAREIRAS E GAITEIRO MODERNO. Praza de Abastos.
17:00h. Visita de PAPÁ NOEL ás rúas de Seixo e á Praza de Abastos da parroquia. Organiza: ACEMAS e Concello de Marín.
17:30-20:00h. Recepción de PAPÁ NOEL con animación musical e obradoiros.
Alameda.
Venres, 26 de decembro
12:00h. Títeres e contacontos con TARABELOS, organiza ACEMAS. Casa de Cultura de Seixo.
Sábado, 27 de decembro
19:00h. TEATRO VERBAS, organiza Asociación Kalos. Multiusos.
20:30h. Concerto de Nadal das CORAIS Thalassa, Centro Sociocomunitario e Lembranzas de Marín. Igrexa Santa María do Porto.
Domingo, 28 de decembro
13:00h. Panxoliñas a cargo de MÁIS CANTOS. Rúas de Marín.
19:00h. Concerto de Nadal da CORAL EVANXÉLICA DE MARÍN, organiza Asociación Kalos. Multiusos.
Luns, 29 de decembro
12:00h. Maxia e diversión con POPÍN PALOMERO, organiza ACEMAS. Casa Cultura de Seixo.
12:30h. Obradoiro de MANUALIDADES. Organiza Ateneo Santa Cecilia. Local do Ateneo.
Martes, 30 de decembro
12:30h. Obradoiro de MANUALIDADES. Organiza Ateneo Santa Cecilia. Local do Ateneo.
17:00h. Simultáneas e partidas relámpago do Club de XADREZ MARÍN. Para todas as idades. Carpa do Parque Eguren.
Mércores, 31 de decembro
11:45h. FESTA FIN DE ANO INFANTIL. Recreación das uvas do Nadal. Alameda.
01:00h. BAILE DE FIN DE ANO, coa Orquesta Galia e Dj Peque. Organiza: Botón de Ancla e Concello de Marín. Multiusos.
Xoves, 1 de xaneiro
19:00h. BAILE DE ANINOVO, co Grupo BLPop e Dj Peque. Organiza: Botón de Ancla e Concello de Marín. Multiusos.
Venres, 2 de xaneiro
12:30h. Obradoiro de MANUALIDADES. Organiza Ateneo Santa Cecilia. Local do Ateneo.
Sábado, 3 de xaneiro
11:00h. RANCHO DE REIS coa Asociación Pousos da Area polas rúas de Marín.
17:30h. CINE DE NADAL, entrada libre ata completar aforo. Organiza: ACEMAS.
18:00h. Pasarrúas da Rondalla NOSA MERCED DE CHAÍN (Gondomar).
Luns, 5 de xaneiro
18:00h. Saúda das SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE desde o balcón do Concello.
18:30h. GRAN CABALGATA DE REIS co percorrido habitual, acompañada por Charanga Noroeste, Charanga Jalácticos, Charanga Amigos Dos Rapaces, Batucada Axé Bahía, Batucada Maracumbé e Batucada Rebumbio. Ao rematar, BELÉN VIVINTE, organizado pola Asoc. Os da Caña e o Concello de Marín. Igrexa de Santa María do Porto.
20:00h. SORTEO entre as compras realizadas na FEIRA NADAL MARÍN. Alameda.



