HomeO MorrazoMarínMarín inicia as súas novas Lanzadeiras de Emprego, que impulsará a inserción...

Marín inicia as súas novas Lanzadeiras de Emprego, que impulsará a inserción laboral no municipio

- Anuncio -spot_img

Esta modalidade de Lanzadeiras de Emprego do programa “Hubs de Activación da Empregabilidade” é unha iniciativa gratuíta que facilita unha orientación actualizada coas últimas tendencias do mercado laboral

Aínda ten prazas libres. As persoas interesadas en participar deben encher este formulario en liña: hubsempleabilidad.com/inscribete

O programa de orientación laboral ‘Hubs de Activación da Empregabilidade’ iniciou o seu itinerario formativo esta semana en Marín, na nova “Lanzadeira de Emprego Nómade”, que se desenvolverá entre os meses de xaneiro e xuño.
Comezou coa participación de persoas en desemprego, maiores de 24 anos, e con diferentes niveis formativos (ESO, Formación Profesional, Bacharelato e estudos universitarios). Reúnense en grupos heteroxéneos e contan coa guía e orientación de especialistas para actualizar e enfocar a súa procura de traballo coas últimas tendencias do mercado laboral.
‘Hubs de Activación da Empregabilidade’ está impulsado por Fundación Santa María a Real, co cofinanciamento do Fondo Social Europeo Plus (FSE+), con cargo ao Programa estatal de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza (CCI 2021ES05SFPR003); e tamén o cofinanciamento da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Marín.
Hai quen busca o seu primeiro traballo e quen persegue unha nova oportunidade laboral tras anos de experiencia en diferentes sectores: educación, alimentación, hostalería ou sector dixital, entre outros. Tal e como destaca o equipo técnico, que lles guiará durante o próximos cinco meses e medio, demandan orientación laboral para actualizar a súa procura de emprego na contorna dixital, aprender a manexar os principais portais de traballo, optar aos postos emerxentes, mellorar o contacto con empresas diana e enfrontarse con éxito a unha entrevista de traballo.

Habilidades dixitais e competencias verdes
O obxectivo é activar persoal e profesionalmente a persoas en desemprego, mellorando a súa empregabilidade con competencias transversais e as habilidades máis demandadas, ademais de reducir a fenda dixital e fomentar as competencias verdes. Reúnen a grupos heteroxéneos de persoas en desemprego, que contan coa guía e orientación de especialistas para actualizar e enfocar a súa procura de traballo coas últimas tendencias do mercado laboral.

Ten un formato semipresencial. Desenvólvese en horario de mañá e os seus participantes reúnense en equipo para impulsar a súa inserción laboral con novas técnicas e ferramentas para buscar emprego de forma efectiva.

Últimas prazas libres
Poden participar persoas en desemprego, maiores de 18 anos, do territorio. As persoas interesadas deben completar o seguinte formulario en liña: hubsempleabilidad.com/inscribete

Publicacións Relacionadas