Home O Morrazo Marín Marín pon o foco no crecemento empresarial, cun rexistro cercano ás 1.270...

Marín pon o foco no crecemento empresarial, cun rexistro cercano ás 1.270 empresas no 2021

- Anuncio -

O Pleno aprobou solicitar a Zona Franca a firma dun convenio no que se recolla un estudo para buscar novas formas de fomentar a instalación de empresas e de iniciativas económicas na nosa vila.

O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, puxo en valor tamén a importancia do Porto de Marín, que supón o 4,3% do emprego de toda a provincia.

A actividade empresarial en Marín e a súa evolución é un dos eixos nos que o Goberno local traballa para poder facer da nosa vila un espazo atractivo a nivel laboral e de desenvolvemento económico.

Por iso, este traballo moitas veces faise creando unha importante sinerxia co Porto de Marín, “o noso gran motor económico”, explican fontes municipais. E é que así o demostran os datos que se manexan. Durante o último Pleno da Corporación, o concelleiro de Facenda, Manuel Santos, detallou que nos 800.000 metros cadrados que ocupa o espazo portuario, desenvolven a súa actividade máis de 100 empresas.

Estas firmas que operan no recinto portuario conseguen xerar un impacto de 13.000 empregos, entre directos, indirectos e inducidos, o que supón o 4,3% do emprego de toda a provincia. “Non valoramos abondo o que temos no noso Porto”, asegurou o concelleiro, ante a realidade da pulsión económica e social que cupón contar cunha rada que é de interese xeral do Estado.

Pero é que a maiores en Marín vense incrementado tamén o número de empresas que se abren ou de persoas que inician a súa actividade profesional.
Segundo os datos do INE, no 2021 rexistráronse 1.270 empresas.

Agora, coa vista posta en fomentar ese crecemento económico, o Pleno aprobou contactar con Zona Franca para firmar un convenio co que elaborar un estudo técnico no que fixar as liñas mestras que poden axudar á nosa vila a seguir mellorando en crecemento empresarial, diversificando a economía e fomentando unha maior empregabilidade en sectores de todo tipo.

Relacionadas

O Porriño acende o Nadal este mércores

0
• Os usuarios e usuarias de Aceesca serán os encargados de premer o botón que dará inicio ás festas de Nadal na vila • Álvaro...

Presentación en Tui do libro “Tesouro espeleolóxico galego”

0
Será mañá martes ás 20 h no edificio Francisco Sánchez Mañá martes, 5 de decembro, ás 20:00 horas no edificio Francisco Sánchez, rúa Colón nº...

Luis López referenda o compromiso pola mellora da eficiencia enerxética na provincia co investimento...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra percorreu este martes as instalacións deste polideportivo para asinar un convenio de colaboración enmarcado no programa PON2030, coa...

Arranca o Programa de Crecemento Empresarial da Deputación en Lalín, con seis proxectos emprendedores...

0
Participan no programa persoas da Estrada, Lalín e Silleda que desde este martes e ata o 15 de febreiro recibirán no Viveiro de Empresas...

O BNG de Vigo denuncia novos vertidos de augas fecais sen depurar en Bouzas,...

0
A fronte nacionalista insta o Concello de Vigo e Augas de Galiza (dependente da Xunta) a tomar medidas para poñer fin ás reiteradas verteduras...

NNXX Pontevedra e Boa Vida únense para a campaña ‘Un xoguete baixo a árbore’

0
• Esta iniciativa ten como obxectivo principal reunir xoguetes para asegurar que todos os nenos e nenas poidan gozar da maxia do Nadal cun...

Publicacións Relacionadas