HomeO MorrazoMarínMarín rexistra 156 solicitudes para cacharelas privadas e terá as tradicionais fogueiras...

Marín rexistra 156 solicitudes para cacharelas privadas e terá as tradicionais fogueiras públicas de Cantodarea e Mogor

- Anuncio -spot_img

O prazo para solicitar o acendido ten de marxe ata o día 22, incluíndo tamén as fogueiras da celebración de San Pedro.

O Concello de Marí recibiu ata o momento 156 solicitudes para acender fogueiras na noite de San Xoán. Así o trasladou a concelleira de Festas, Marián Sanmartín, que indicou que son 40 solicitudes máis ca o ano pasado.

Este prazo aínda está aberto ata o 22 de xuño. O formulario para solicitar as cacharelas pode descargarse aquí:
https://www.concellodemarin.es/fogueiras-san-xoan-2022/.

En canto as normas de obrigado cumprimento, o Concello lembra que está prohibido levar a cabo cacharelas sobre as vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes, baixo tendidos eléctricos e telefónicos. As cacharelas terán que gardar unha separación mínima de 12 metros lineais coa vexetación, casas e edificios máis cercanos. A súa altura máxima será de 14 metros e o diámetro da zona de combustión de 6 metros de ancho.

Para a combustión só poderán emplearse leña, ramas, troncos de árbores ou calquera material de madeira, quedando prohibido emplear materiais inflamables como neumáticos, plásticos, latas, botellas de vidro ou materiais de PVC. Tamén se prohibe botar ás cacharelas aerosoles (aínda se están baleiros), aceites, líquidos combustibles e calquera substancia explosiva.

As persoas que asistan á festa, non se poderán situar nunha área de diámetro similar á altura do pau central da cacharela. Queda prohibido facer cacharelas na praia.

Publicacións Relacionadas