HomeO MorrazoMarínMarín volve ofertar as Rutas Culturais, coa primeira este domingo ao Museo...

Marín volve ofertar as Rutas Culturais, coa primeira este domingo ao Museo do Pobo Galego

- Anuncio -spot_img

É preciso inscribirse no Museo Manuel Torres, chamando ao 986891186.

  1. Hai un máximos e 60 prazas.
  2. Coñecer a nosa historia, o noso patrimonio, e facelo camiñando, desfrutando da paisaxe e a contorna natural que temos en Galicia, é un planazo. Así o entende o Concello de Marín, que recupera de novo celebración das Rutas Culturais a partir deste mes.
  3. A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, presentou o programa deste ano, consistente en catro rutas, dúas para visitar centros museísticos fóra de Marín nos meses de marzo e abril, e outras 2 de andainas a celebrar en maio, dentro do noso termo municipal.
  4. Domingo 12 de marzo. Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.
    Está situado no antigo convento de San Domingos de Bonaval. É un museo de carácter antropolóxico, pero tamén acolle salas de pintura, escultura e arte sacra.
  5. As principais coleccións están relacionadas coa cultura popular, gardando valiosos fondos referentes ao mundo mariñeiro e agrario.
  6. Outras seccións son as de hábitat, arquitectura, oficios e imprenta, xunto aos espacios dedicados á sociedade. Igualmente posúe unha excelente colección do traxe e encaixe tradicionais, así como de instrumentos musicais.
  7. Ademais será posible visitar a igrexa de Bonaval (séculos XIII – XVI) e o Panteón de Galegos Ilustres, onde descansan os restos de personaxes claves na historia de Galicia, como Rosalía de Castro, Castelao, Alfredo Brañas ou Francisco Asorey.
  8. Saída de Marín ás 09:30 h.
  9. Regreso en torno ás 14:30 – 15:00 h.
  10. Autobús de 60 prazas, con saída e chegada á Praza de España.
  11. Domingo 16 de abril. Centro Arqueolóxico do Barbanza, Boiro.
  12. Desde o punto de vista museolóxico, abrangue dous ámbitos de actuación: por unha banda, a presentación e introdución do visitante nas diversas manifestacións culturais da prehistoria recente da península do Barbanza (megalitismo, arte rupestre, cultura castrexa) e, por outra, a difusión e posta en valor do patrimonio arqueolóxico dos castros de Neixón, tanto das ruínas arqueolóxicas como dunha parte representativa dos bens patrimoniais exhumados nas campañas de escavación levadas a cabo nos últimos anos neste xacemento arqueolóxico.
  13. Visitarase tanto o centro de interpretación como o xacemento arqueolóxico.
  14. Saída de Marín ás 09:30 h.
  15. Regreso en torno ás 14:30 – 15:00 h.
  16. Autobús de 60 prazas, , con saída e chegada á Praza de España.
  17. Domingo 14 de maio. Ruta dos petróglifos de Marín.
  18. Ruta con saída e chegada no Lago Castiñeiras, que se levará a cabo no monte común da parroquia de San Xulián, a que máis vestixios de arte rupestre ten no termo municipal.
  19. Domingo 21 de maio. Ruta das mámoas de Marín.
  20. Ruta con saída e chegada no Lago Castiñeiras, que se levará a cabo no monte común da parroquia de San Tomé de Piñeiro, a que máis mámoas ten no termo municipal.

Publicacións Relacionadas