A asociación MASGA e o concelleiro de Deportes presentaron a cuarta edición deste torno, que se celebrará o sábado 13 de setembro. O 100% da recadación irá destinado a Duchenne Parent Project España.
A asociación MASGA volve organizar na nosa vila o Torno Padel X Duchenne, unha iniciativa que procura recadar fondos para mellorar a investigación en torno a esta enfermidade, a Distrofia Muscular de Duchenne y Becker, a máis común diagnosticada durante a infancia e estímase que 1 de cada 5.000 nenos e nenas no mundo están afectados por ela. A causa ten que ver coa mutación dun xen que codifica a distrofina, que nestes pacientes se atopa ausente, polo que se provocan danos nas células musculares.
Pais e nais da asociación, en compañía do concelleiro de Deportes, Antonio Traba, presentaron o torneo, que terá lugar o 13 de setembro no SEI San Narciso, con inscrición previa a través deste enlace (http://asociacionmasga.org/padelxduchenne) e cunha aportación de 18 euros por persoa xogadora. Ademais, habilítase a conta bancaria ES24 2100 4832 3222 0030 3924 para doazóns. O 100% da recadación irá destinado á asociación Duchenne Parent Project España.
Tal e como xa se vén facendo outros anos, haberá servizo de comida a prezos populares da man do frigorífico Rosa de los Vientos.