HomeVigoBaionaMario Vargas Llosa protagonista da última velada cultural do BaiVerán 2025

Mario Vargas Llosa protagonista da última velada cultural do BaiVerán 2025

- Anuncio -spot_img

Unha vez máis, os xardíns de Cásaa-Museo da Navegación de Baiona, acollerán esta tarde un concerto de cordas, esta vez a cargo do grupo de cámara CORDAS ATLÁNTICAS que constitúe a formación musical principal en Santiago e A Coruña dos concertos Candlelight, interpretación á luz das velas das melodías de grandes compositores clásicos e actuais.

Desde pezas de ABBA, Zimmer ou Queen, ata o Ave María de Caccini ou Volver de Gardel. Unha hora de concerto a cargo dos violíns de Loida Díaz, axuda de concertino na Sinfónica Vigo 430, e Eduardo Rey, con amplo percorrido musical e docente do Conservatorio Profesional de Tui, e do violoncelo de Elena Pintos, membro da Orquestra Clásica de Vigo.

E será tras a pausa da primeira parte do concerto, cando a escritora e actriz Elba Pedrosa dará lectura dunha selección de textos do Premio Nobel de Literatura 2010, o escritor Mario Vargas Llosa. O autor da cidade e os cans, A guerra do fin do mundo, ou A festa do chibo, é unha figura clave na literatura universal contemporánea en lingua castelá, cunha narración rica e poderosa, e un extenso legado literario.

O acceso é libre e gratuíto para todas as persoas que desexen gozar da actividade.

Publicacións Relacionadas