Home O Condado Mondariz Balneario Marisa Domínguez Álvarez, candidata do Partido Popular á alcaldía de Mondariz-Balneario

Marisa Domínguez Álvarez, candidata do Partido Popular á alcaldía de Mondariz-Balneario

- Anuncio -

• Luis López agradece o traballo fundamental de José Antonio Lorenzo ao longo destes anos, que permitiu a transformación e a posta en valor do concello.

Marisa Domínguez Álvarez será a candidata do Partido Popular á alcaldía de Mondariz-Balneario nas eleccións municipais de maio. Tomará así o relevo de José Antonio Lorenzo, alcalde con dez maiorías absolutas, e que dá un paso ao lado co “agradecemento eterno” do seu partido polo “traballo ben feito, por toda unha vida dedicada en pleno a mellorar a calidade de vida e o benestar dos seus veciños, e por ter conseguido a transformación e a posta en valor do seu concello”, subliña o presidente provincial, Luis López, que xunto coa secretaria xeral, Luisa Piñeiro, mantiveron unha reunión co alcalde e coa candidata.

A Marisa Domínguez, López agradeceu “a valentía e a ilusión” coa que asume o reto. “Non será fácil substituír a un gran alcalde como José Antonio, pero Marisa está preparada, ten os coñecementos, experiencia en xestión e o compromiso firme para seguir avanzando no desenvolvemento de Mondariz-Balneario”.

A candidata é empresaria, ten 50 anos e é veciña de Mondariz-Balneario. Diplomada en Relacións Laborais, esta é a súa primeira incursión en política. Di que asume o reto “con ilusión” e comprométese a “traballar duro” para dar continuidade a un proxecto que busca a mellora continua do seu concello. Nesta liña, agradece a confianza do Partido Popular e do alcalde, José Antonio Lorenzo. “Son unha persoa emprendedora, traballadora, positiva, e o meu compromiso con Mondariz-Balneario e co PP é total. Presentaremos o mellor equipo e o mellor proxecto para que o noso concello continúe sendo un concello referente en Galicia e no resto de España, e con servizos de calidade para os nosos veciños”.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas