Home O Condado Mondariz Balneario Marisa Domínguez: “Construiremos xuntos un Mondariz-Balneario aínda mellor, moderno e á vangarda,...

Marisa Domínguez: “Construiremos xuntos un Mondariz-Balneario aínda mellor, moderno e á vangarda, con servizos de calidade para maiores, nenos e mozos”

- Anuncio -
  • López: “Marisa coñece perfectamente as necesidades e as demandas dos seus veciños e ten unha gran capacidade de traballo para garantir que este concello manteña os servizos, equipamentos e infraestruturas de primeiro nivel”.

A candidata do PP á alcaldía de Mondariz-Balneario, Marisa  Domínguez, sinalou hoxe que o 28 de maio pódese facer historia elixindo á primeira muller en ser alcaldesa de Mondariz-Balneario.

Foi esta tarde, no Auditorio municipal, durante a súa presentación ante os veciños, acto que contou coa participación do presidente provincial, Luis López, e do alcalde, José Antonio Lorenzo. “Á política vense aprendido da casa, os Gobernos non están para facer experimentos”, sinalou Domínguez, ao tempo que puxo en valor todo o traballo feito polo Partido Popular en Mondariz-Balneario. “Mentres outros soñan, nós construímos”, e aposta por “un concello que continúe en ascenso, desenvolvéndose, con grandes servizos que garantan calidade de vida aos nosos veciños. Este é o meu compromiso e o do equipo que me acompaña”.

Así, durante a súa intervención agradeceu á xunta local que apostasen por ela para liderar este importante reto, e enxalzou o traballo feito por José Antonio Lorenzo, “cunha dedicación absoluta a Mondariz-Balneario”.

A candidata popular afirmou que “temos un concello orgulloso da súa historia, e traballaremos para seguir mellorando e adaptarnos aos novos retos. Construíndo xuntos un Mondariz-Balneario aínda mellor, moderno e á vangarda, con servizos de calidade para maiores, nenos e mozos”. 

Pola súa parte, Luis López destacou que Marisa e o seu equipo “xa demostran cada día o seu cariño por este concello, coñecen perfectamente as necesidades e as demandas dos seus veciños e teñen unha gran capacidade de traballo e saben xestionar e conseguir os investimentos necesarios para garantir que este concello manteña os servizos, equipamentos e infraestruturas de primeiro nivel”.

Amosouse convencido de que se continúa “co ritmo de traballo, de proximidade cos veciños e de participación na vida do partido que ata o dea gora”, cando sexa alcaldesa, “este concello vai ter unha magnífica rexedora que proseguirá co legado de José Antonio Lorenzo”. Porque, engadiu, “Marisa encarna un proxecto de continuidade para Mondariz-Balneario, porque as cousas ben feitas convén que sigan indo polo mesmo camiño”.

Agradeceu tamén o legado do alcalde, José Antonio Lorenzo, “que enarborou con orgullo e moita educación e intelixencia a bandeira do PP, e que converteu ao concello máis pequeno da provincia no máis bonito e admirado de Galicia. Mondariz-Balneario non se entendería sen a túa xestión, sen o teu traballo, a túa adicación e a túa visión de futuro”.

Por último, pediu aos asistentes “un esforzo nas próximas semanas porque todos queremos revalidar o goberno local cunha clara maioría absoluta para continuar coa magnífica herdanza de todos estes anos”.

Xunto con Marisa, tamén formarán parte da candidatura Carlos Abril, concelleiro desde hai 16 anos e con ampla experiencia en xestión pública; Andrea Arjones, presidenta das ANPA e impulsora de actividades veciñais e culturais; e o mozo Pablo de La Fuente, técnico deportivo. O resto da candidatura irase anunciando nas próximas semanas.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas