HomePontevedraA ParadantaMarmurios entre sombras, un percorrido florístico e sensorial polas fragas do río...

Marmurios entre sombras, un percorrido florístico e sensorial polas fragas do río Xabriña

- Anuncio -spot_img

Acomunidade de Montes en Man Común de Paraños e o Concello de Covelo convidan a participar na presentación deste novo libro que viaxa, a través das verbas e dos debuxos, polas beiras do río

Antes da presentación, haberá unha andaina polas novas rutas de sendeirismo do Xabriña

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Paraños presenta o sábado día 22 o libro “Marmurios entre sombras, Un percorrido florístico e sensorial polas fragas do río Xabriña” editado en colaboración co Concello de Covelo.

Esta publicación, que espertará os nosos sentidos, supón unha viaxe a través dos debuxos e grafías da comuneira e mestra de Paraños, Karina Mouriño, e dos textos de Marcelo Rodríguez da Faia Educación Ambiental. As fotografías do presidente da Comunidade de Montes de Paraños, Xosé Manuel Sendín completan o percorrido por este libro deseñado polas profesionais de Magenta.

“Marmurios entre sombras” forma parte do proxecto da nova creación de dúas novas rutas de sendeirismo do río Xabriña e achegará aos lectores coñecementos pero tamén sensacións e emocións.

Publicacións Relacionadas