Home Pontevedra A Paradanta “Mavi, a maleta viaxeira” recala en Covelo para afondar na igualdade de...

“Mavi, a maleta viaxeira” recala en Covelo para afondar na igualdade de xénero

- Anuncio -

A tenente alcalde, Lourdes Enes, convida á cidadanía a participar e recoller, en réxime de empréstimo, algúns dos libros relacionados coa autoestima, empoderamento, feminismo ou igualdade.

O Concello de Covelo é un dos primeiros concellos en participar no programa “Mavi, a maleta viaxeira” da Subdelegación do Goberno en Pontevedra e do Ministerio de Igualdade así o indicou a subdelegada do goberno na provincia de Pontevedra, Maica Larriba, no momento de entrega da maleta á tenente alcalde de Covelo e representante no consorcio de igualdade e benestar, Lourdes Enes.

A tenente alcalde explica que grazas a esta inicitiava farase fincapé na concienciación sobre igualdade de xénero ofrecéndose, en réxime de préstamos, libros relacionados co feminismo, igualdade empoderamento, autoestima ou violencia machista. Ademais, María Valiñas, concelleira de Igualdade, engade que tamén se realizarán obradoiros para traballar arredor destas temáticas e dos libros.

As persoas interesadas poderán recoller os seus libros de luns a venres de 8.00 h a 14.00 h no concello de Covelo (oficina Cultura).

Lourdes Enes explica que “MAVI: a Maleta Viaxeira contra a violencia de xénero” é unha iniciativa que nace co obxectivo de achegar textos que promoven a reflexión, a sensibilización e concienciación sobre temas determinantes para conseguir unha sociedade máis igualitaria e libre de violencias, favorecendo un pensamento crítico ante os estereotipos e roles de xénero que perpetúan estas violencias e desigualdades.

A maleta comezou a súa andaina no Centro Penitenciario de A Lama e continuará a súa viaxe por diferentes casas de acollida, asociacións de mulleres vítimas de violencia de xénero, centros de información á muller ou servizos sociais da provincia que soliciten.

A maleta conta con libros infantís, xuvenís e para adultos, co obxectivo de que non só as mulleres, senón tamén as nenas e mozas poidan formar parte do proxecto

Entre as obras que garda a maleta atópanse títulos como “Tú haz la comida, que yo cuelgo los cuadros: Trampas y tramposos en la cultura de la desigualdad” de Miguel Lorente Acosta; “A mí no me iba a pasar: Una autobiografía con perspectiva de género” de Laura Freixas; “Cansadas” de Nuria Varela; “El libro de la hija” de Inma López Silva; “Invisibles: Relatos del maltrato” de Montse Fajardo ou “Mujeres que compran flores” de Vanessa Montfort. A maleta contén tamén un diario de viaxe, no que as usuarias poderán escribir e compartir as súas reflexións sobre as lecturas.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas