A maleta viaxeira contra a Violencia de xénero, Mavi, estivo “viaxando” polas diferentes asociacións de mulleres rurais do Concello de Soutomaior, coma a de Romariz, Pozovello, Alxan ou Anduriña, cunha gran aceptación e boa valoración.
A Maleta viaxeira contra a Violencia de Xénero, Mavi, chegou o 25 de outubro o concello de Soutomaior. Esta maleta é unha iniciativa da unidade de violencia de Xénero da Subdelegación de goberno que pretende achegar, especialmente ás mulleres, unha serie de libros axudan á reflexión, á sensibilización e á concienciación en moitas situacións de vulnerabilidade das propias mulleres. Case todos os libros desta maleta están escritos por mulleres e sobre temáticas que afectan ás mulleres. Autoras como Inma López Silva, Chis Oliveira, Priscila Retamazo, Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Ledicia Costas, Susana Fortes forman parte de MAVI. Libros con historias da vida de mulleres vítimas da violencia machista coma o de Montse Fajardo ou o de Inés Lamela.
Os obxectivos deste proxecto son: acercar a lectura sobre temas de feminismo, violencia de xénero e autoestima, especialmente ás mulleres; favorecer o pensamento crítico antes os estereotipos e roles de xénero, que se perpetúan socialmente e promoven a violencia de xénero e favorecer a lectura dos textos por parte das mulleres como ferramentas favorecedora da igualdade e sensibilizar en materia de violencia de xénero a sociedade en xeral.
Desde o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Soutomaior quixeron deixar patente nesta xornada a boa acollida que tivo esta “viaxe” de MAVI polo concello.
Una maleta que, durante estes tres meses, estivo “viaxando” polas diferentes asociacións de mulleres rurais do Concello de Soutomaior, coma a de Romariz, Pozovello, Alxan ou Anduriña, con unha gran aceptación e boa valoración. E que agora, volve a Subdelegación para seguir a súa viaxe polos concellos da provincia.

