Home Pontevedra A Paradanta Medio Ambiente investirá case 200.000 euros nas obras de mellora do parque...

Medio Ambiente investirá case 200.000 euros nas obras de mellora do parque público de Maceira, no concello de Covelo

- Anuncio -

Os traballos a executar, cun prazo estimado de tres meses e que comezarán en xaneiro, consistirán nunha intervención integral co fin de actualizar este espazo e facelo máis accesible e atractivo para a veciñanza
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou por un importe de 190.575,00 euros, IVE incluído, a obra de mellora do parque público de Maceira, no Concello de Covelo (Pontevedra). O obxecto do contrato é intervir neste parque para evitar a súa perda de protagonismo e dotalo dunha configuración máis actual, accesible e humanizada, de forma que resulte máis atractivo e se poña en valor como espazo de convivencia para toda a veciñanza.
O parque está delimitado perimetralmente polas estradas autonómicas PO-255 y PO-261 e por un edificio municipal no que se localiza unha sucursal de correos e a casa cultural de
Mosteiro. Esta zona leva moitos anos sen ser obxecto de ningún tipo de intervención integral polo que presenta unha composición espacial e un mobiliario bastante anticuados e con acabados que, en xeral, teñen un regular estado de conservación. Do mesmo xeito, os percorridos entre as distintas plataformas están resoltos mediante escaleiras, o que imposibilita a existencia duns itinerarios minimamente accesibles.
A intervención prevista neste espazo público, que comezará neste mes de xaneiro, aspira a
convertelo nun ámbito atractivo que se converta nun espazo de convivencia, encontro e
esparexemento dos veciños e se integre plenamente coa contorna, a través do emprego de
materiais e acabados xa utilizados noutras intervencións no eido rural do municipio.
Os traballos previstos no contrato contan cun prazo de execución estimado de tres meses e
foron adxudicados á empresa Rocas Graníticas do Condado. Concretamente, a intervención
incluirá a creación de recorridos accesibles entre as distintas plataformas do parque,
comunicando a zona inferior na que se localiza a área infantil, co resto de plataformas e
viarios perimetrais mediante ramplas accesibles.
Do mesmo xeito, o proxecto busca potenciar o uso da zona intermedia e superior como lugar de encontro da veciñanza, para o cal se dotará de mobiliario actualizado e materiais con acabados suaves e naturais (especialmente nos pavimentos e muros). Por último, dotarase ai parque de alumeado led con iluminación indirecta nas zonas de estancia e mediante proxectores na parte inferior, modificando e ampliando a existente.
Intervención enmarcada no Plan Hurbe
A intervención sobre o parque de Maceira foi froito dun convenio de colaboración asinado o
pasado 30 de xuño entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello
de Covelo, no marco do chamado Plan Hurbe. En virtude deste acordo, ambas partes se
comprometeron a cofinanciar as obras necesarias para acometer a mellora e modernización
do parque público de Maceira.

Cómpre lembrar que a Xunta puxo en marcha este programa no ano 2010 para contribuír á
posta en valor das vilas galegas e dos núcleos rurais a través da colaboración cos concellos
na execución de diversos tipos de actuacións orientadas a frear o despoboamento, a potenciar as infraestruturas, servizos e equipamentos públicos e, en definitiva, a mellorar o
benestar e a calidade de vida dos seus habitantes.
Na última década e con cargo ao Plan Hurbe, a Consellería de Medio Ambiente ten
executado ou comprometido un total de 317 actuacións urbanísticas en decenas concellos
galegos, actuacións coas que se mobilizarán 148,96 millóns de euros. Este esforzo tamén
terá continuidade no ano 2021, durante o cal a Xunta convocará unha orde de axudas
bianual dotada con 2,3 millóns de euros -1,3 millóns para este ano- destinados á creación ou mellora de infraestruturas municipais en concellos de menos de 50.000 habitantes, en liña cos obxectivos de dinamización social e humanización fixados polo devandito programa.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

Publicacións Relacionadas