HomeO SalnésMeisMeis convoca un pleno extraordinario para dar cumprimento ao acordo orzamentario do...

Meis convoca un pleno extraordinario para dar cumprimento ao acordo orzamentario do 2022 co cal o BNG logrou a humanización da contorna do CPI Mosteiro

- Anuncio -spot_img

O 9 de novembro de 2020 o BNG de Meis presentou ás ANPAS e o profesorado do CPI o seu proxecto para a mellora do contorno e mobilidade do CPI. Unha vez escoitadas as súas propostas, e coa súa conformidade, procedemos a presentar a moción no pleno de xaneiro de 2021, e se nos pediu un tempo para estudala.

Unha vez estudada a moción, polo PP e o PSOE, foi aprobada por unanimidade no pleno de Marzo de 2021.

O BNG estabeleceu como elemento decisorio para que o orzamento de 2022 fose aprobado a inclusión deste proxecto con partida orzamentaria.
No pleno extraordinario, que se celebrará o mércores día 3, este proxecto aprobado nos orzamentos do 2022 por fin será unha realidade.
É un proxecto feito contando con toda a comunidade educativa, e despois de moitas charlas do BNG coa veciñanza para lograr uns accesos seguros, para integrar o CPI na súa contorna amosando as potencialidades do rural e pensado para o goce de toda a veciñanza.

Publicacións Relacionadas