HomePontevedraMelloras na contorna da Picota e o apeadeiro

Melloras na contorna da Picota e o apeadeiro

- Anuncio -spot_img

O Concello de Redondela rematou as melloras de urbanización na contorna da Picota, e na rotonda loce xa unha oliveira. O obxectivo do Concello é seguir mellorando as rúas e prazas para convertelos en espazos humanizados e de convivencia veciñal onde os peóns sexan a prioridade.

Outras actuacións realizadas na zona nas últimas semanas permitiron tamén mellorar a seguridade e a iluminación no apeadeiro da Picota. Tanto o Concello como Adif incrementaron a iluminación desta zona coa instalación de máis farois. Por outra banda reforzouse o dispositivo de seguridade no que veñen traballando conxuntamente axentes da Policía Local e Policía Nacional. Con estas melloras cúmprese o compromiso adquirido por parte dos responsables de Adif coa alcaldesa, Digna Rivas, nunha xuntanza de traballo mantida a comezos de ano na que a rexedora demandou máis seguridade no apeadeiro.

Apeadeiro de Chapela

Lembra a alcaldesa que neste mandato fíxose realidade tamén o proxecto do novo apeadeiro de tren en Chapela, que se situará na contorna da pista deportiva coñecida como “Campito”, preto da Alameda Rosalía de Castro. Rivas sinala que esta infraestrutura era unha reivindicación da veciñanza “desde hai moitos anos”. Este novo apeadeiro do ferrocarril “sitúase nunha zona moi céntrica da parroquia, e vai dar servizo a moitos veciños e veciñas para os seus traslados diarios  “o que facilita a mobilidade desde Chapela tanto cara a Redondela como ás cidades de Vigo e Pontevedra. O Ministerio de Transportes fará un investimento total de 48,8 millóns de euros para a modernización do tramo de ferrocarril entre Redondela e a estación de Vigo Guixar. O proxecto inclúe, ademais do novo apeadeiro de Chapela, a renovación da estación de Redondela. Tamén se investirá en seguridade, con novos programas máis modernos como o sistema Asfa dixital.

Publicacións Relacionadas