Home O Condado As Neves Melloras no Centro de Saúde das Neves: Un paso máis cara...

Melloras no Centro de Saúde das Neves: Un paso máis cara unha sanidade pública de calidade

- Anuncio -

O Concello das Neves celebra a finalización das obras  de reforma do centro de saúde municipal, unha actuación que mellora a accesibilidade e  a calidade das instalacións sanitarias da localidade. Este proxecto, cofinanciado ao 50 %  pola Xunta de Galicia e o Concello, contou cun investimento total de máis de 40.000  euros. 

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, acompañado pola directora xeral  de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, Amparo Pousada, e polo xerente  da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, supervisou recentemente as obras realizadas,  destacando o compromiso institucional que fixo posible este avance. 

O Concello das Neves xogou un papel fundamental na contratación e execución destas  obras, demostrando unha clara implicación en proxectos que priorizan o benestar da  veciñanza e reforzan a sanidade pública local. As melloras acometidas inclúen a  modernización das instalacións e a súa adaptación para garantir unha accesibilidade  plena, proporcionando un espazo máis cómodo e funcional para pacientes e profesionais. 

Ademais, o Concello das Neves xa trasladou á Consellería de Sanidade unha proposta  para habilitar unha nova área de pediatría na antiga gardería lindeira co centro de saúde.  Tras unha primeira valoración, identificáronse as modificacións necesarias para  acondicionar o espazo, que incluiría unha consulta de pediatría e unha sala de espera, coa  intención de ampliar os servizos sanitarios dispoñibles para as familias da localidade. 

O conselleiro de Sanidade comprometeuse a avaliar esta proposta coa máxima dilixencia,  destacando o seu ánimo construtivo para continuar mellorando a atención sanitaria no  municipio. 

Desde o Concello das Neves agradécese a colaboración institucional da Xunta de Galicia  para levar a cabo estas melloras, que reflicten o valor do traballo conxunto entre  administracións para atender as necesidades prioritarias da cidadanía. 

Con esta reforma, o Concello reafirma o seu compromiso cunha sanidade pública de  calidade, accesible e adaptada aos tempos actuais, coa mirada posta no benestar de toda  a veciñanza.

Relacionadas

A Xunta enxalza os traballos creativos realizados polas usuarias do Centro Ocupacional Exclavas de...

0
O Executivo galego financia con máis de 1,6 millóns de euros un total de 79 prazas de atención residencial e diúrna neste centro A directora...

Arrancan as obras de reconstrucción da rúa Fernández Areal para mellorar a mobilidade e...

0
O ámbito total de actuación será de 570 metros de lonxitude e unha superficie total de actuación de 3.700 m² A concellería de Vías e...

A Eurocidade Tui-Valença acolle a posta en escena da construción democrática de Portugal con...

0
O teatro tudense acolle esta gran montaxe do Teatro Nacional São João de Porto este venres ás 20 h Unha gran montaxe teatral é a...

Veciñanza, plataforma DefendeMos e corporación municipal de Mos presentes no debate pola nova A-52...

0
Preto de 200 veciños e veciñas de Mos, integrantes da plataforma DefendeMos, corporación municipal e a alcaldesa Nidia Arévalo, asistiron está mañá no Parlamento...

A Deputación presenta en Lalín os programas de Acción Comunitaria que deixarán 2,4 millóns...

0
O presidente provincial Luis López, xunto co deputado Javier Tourís, lembrou que o ano pasado beneficiáronse destes programas 14 colectivos veciñais e unha comunidade...

O BNG defende no Parlamento galego a súa alternativa á ampliación da autovía A-52...

0
A fronte nacionalista emenda a proposición popular para demandar do Goberno español a paralización do proxecto e executar as melloras pendentes na actual autovía Aposta...

Publicacións Relacionadas