- A campaña desenvolveuse nos comercios da Guarda durante os primeiros quince días de xullo
Hoxe fíxose na praza de Avelino Vicente entrega dos premios da campaña ‘Merca no teu comercio’.
Esta campaña desenvolveuse nos primeiros quince días de xullo, onde as persoas que compraron no comercio local participaban nun sorteo. Hoxe fíxose entrega das 20 tarxetas de 50€ aos gañadores e gañadoras do sorteo. No acto recordouse a importancia do comercio local “como motor da nosa vila”.
Ao acto acudiron o director Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén; o presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, Iván Iglesias; o director da oficina de Abanca da Guarda, Juan González e a presidenta da ACIGU, Carmen.
Agora os gañadores desfrutarán de 50€ para comprar no comercio local este ano.



