- O mercado semanal en Arbo, que se celebra cada mércores, representa unha tradición arraigada na vida da comunidade e unha cita imprescindible para residentes e visitantes.
- Nesta xornada, a praza énchese de vida e cor, ofrecendo unha ampla gama de produtos frescos e artigos diversos que reflicten a riqueza e variedade da zona.
O mercadillo dos miercoles en Arbo, é un punto de encontro que combina a venda de produtos do fogar, roupa e artigos da horta coa adquisición doutros produtos do comercio local.
Tambien destaca, a presenza de produtos da Praza de Abastos, onde se poden atopar peixe fresco, froitas, verduras e hortalizas, garantindo a calidade e frescura que esixen os consumidores. Ademais dos produtos tradicionais, un dos puntos destacados do mercado semanal é a presenza do “Pulpeiro” unha delicia que forma parte da oferta culinaria local e que atrae a numerosos visitantes durante toda a mañá.
Esta iniciativa contribúe tamén ao comercio de proximidade, sendo un punto estratéxico que favorece a pequenos produtores e comerciantes locais, promovendo así a economía local e fortalecendo vínculos na comunidade.
En palabras do alcaldde, Horacio Gil, “o mercadillo de Arbo é moito máis que un lugar de compra; é un espazo onde se preserva a tradición e fortalécese a economía local”. “Este evento semanal converteuse nun referente tanto para quen busca produtos frescos como para quen aprecia o ambiente social que se xera ao redor da actividade” – afirma o rexedor.
Este evento xunto co comercio local e a praza de abastos, continúa sendo un punto de referencia para quen valora a calidade, o trato e a proximidade no consumo, contribuíndo así a fortalecer o tecido social e económico de Arbo.