HomeA ParadantaA CañizaMiguel Domínguez firma ante notario compromisos electorais

Miguel Domínguez firma ante notario compromisos electorais

- Anuncio -spot_img

• Miguel Dominguez e Marta Rodríguez como Presidente e Secretaria do Partido Popular da Cañiza, asinan en notaria uns compromisos electorais que cumprirán si Miguel Domínguez é elixido alcalde despois das elección do 28 de Maio.

O Presidente e Secretaria do Partido Popular de A Cañiza asinaron en Notaria unha serie de compromisos electorais que levarñan a cabo si Miguel Domínguez sae elixido alcalde despois das eleccións do proximo 28 de maio.

Estes son os compromisos asinados:

No pleno de organización:

  1. Baixaremos o COSTE SALARIAL DO ALCALDE e do Equipo de Goberno da Cañiza un 20%.

No primeiro pleno ordinario do mandato 2023/2027:

  1. Eliminaremos o IMPOSTO MUNICIPAL PARA CONSTRUCCION E REHABILITACIÓN de vivendas no rural, para as inversións en enerxías renovables nas vivendas e a empresas que xeren emprego, aplicando as bonificacións máximas que permita a Lei.
  2. Eliminaremos o IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS a empresas que xeren emprego, aplicando as bonificacións máximas que permita a Lei.
  3. Eliminaremos o IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES a empresas que xeren emprego, aplicando as bonificacións máximas que permita a Lei.
  4. Eliminaremos o IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATURALEZA URBANA, aplicando as bonificacións máximas que permita a Lei.

Segundo a Secretaria Xeral do PP da Cañiza, Marta Rodríguez, “os compromisos que se asinaron na Notaria é unha demostración máis de que nos non vimos enganando a xente, nin prometemos cousas que non se poden cumprir. Este é solo un exemplo das medidas que levaremos adiante si os veciños e veciñas da Cañiza deciden apostar novamente por un goberno do Partido Popular na Cañiza.”

Publicacións Relacionadas