HomeO MorrazoMoañaMoaña rompe as regras para desmitificar a relación entre as drogas e...

Moaña rompe as regras para desmitificar a relación entre as drogas e o sexo entre adolescentes

- Anuncio -spot_img

O Concello organiza xunto a Asociación Érguete talleres de educación sexual e prevención de drogas nos dous institutos do municipio

O Concello de Moaña continúa a apostar pola prevención de riscos nas relacións entre os mozos e mozas do concello. A concelleira de Servizos Sociais, María Ortega, destacou “que queremos que crezan sans e que descubran o mundo coa suficiente información para previr riscos”, ao abeiro da presentación duns innovadores obradoiros que o Goberno municipal vai por en marcha xunto a Asociación Érguete para “romper visión romántica que existe a nivel social da suma de sexualidade máis adiccións “
“Con estes obradoiros queremos romper as regras dos talleres convencionais, para facilitar a todo o alumnado asistente un lugar seguro e cómodo onde falar de sexualidade”, destaca a concelleira, ao tempo que incidide en que desmitificar a relación entre sexo e drogas “é moi importante, xa que moita rapazada pensa que beber moito alcol ou tomar drogas son as únicas maneiras de ligar e ter encontros sexuais”.

A coordinadora do servizo de Prevención da Asociación Érguete, Laura Durán, incide que nestes obradoiros que se celebrarán no IES As Barxas e no IES A Paralaia co alumnado de Bacharelato “ofreceremos información precisa sobre o papel que xogan as drogas nas relacións sexuais desde unha perspectiva de xénero, á vez que analizamos as crenzas erróneas do alumnado sobre os efectos das substancias nas relacións sexuais e informaremos sobre os riscos que conlevan determinadas prácticas como o chemsex ou slamming”.

Relacións en igualdade
Outro dos grandes obxectivos destes obradoiros é acompañar e dotar de ferramentas á mocidade cara unhas relacións e encontros sexuais máis libres e igualitarios, ao tempo que “aprenden a detectar a violencia machista e a LGTBfobia no ámbito das relacións sexuais e o consumo de drogas”, destaca a concelleira. “Educar en sexualidade e igualdade é unha gran necesidade hoxe en día, só fai falla ver os cánticos de todos eses mozos do colexio maior de Madrid para confirmalo”, conclúe María Ortega.

Publicacións Relacionadas