Home Pontevedra Poio Mocidade introduce novidades na súa programación lúdica e formativa

Mocidade introduce novidades na súa programación lúdica e formativa

- Anuncio -

• As actividades iniciaranse desde o mes de outubro e inclúen andainas ao aire libre ou un curso de adestramento de cans, entre outras citas

• O departamento dirixido por Rosa Fernández (PSOE) colabora nunha campaña informativa impulsada polo Día Mundial do Alzheimer

Un ano máis, a Concellería de Mocidade, dirixida pola socialista Rosa Fernández, aproveita a chegada do outono para impulsar unha ampla oferta de lecer e formativa. As actividades darán comezo o vindeiro mes de outubro e xa está aberto o período de preinscrición. Ademais de dar continuidade a citas que en edicións anteriores contaron cunha gran participación, como é o caso dos obradoiros de tapicería e cestería ou as andainas, tamén se inclúen novidades como un curso de adestramento canino, a realizar entre marzo e maio de 2023. Trátase dun ciclo que terá unha duración de 30 horas, 20 teóricas e 10 prácticas, e que se levará a cabo os sábados, de 10.30 a 13.00 horas, na Finca de Besada, cun prezo de 25 euros.

Unha das primeiras actividades coas que arrincará a programación será o obradoiro de tapicería, os venres de 10.00 a 12.00 horas, tamén na Finca de Besada, entre outubro e novembro. Neste caso, a cota será de 22 euros ao mes. Tamén en outubro serán as ‘Andainas de Outono’, que dan continuidade ás de primavera, que contaron cunha gran participación e acollida por parte da veciñanza. As saídas realizaranse os días 2, 16 e 30 de outubro, entre as 9.30 e as 14.00 horas, sempre que as condicións meteorolóxicas así o permitan. A inscrición é gratuíta, se ben haberá que depositar unha fianza de 10 euros, que será devolta o mesmo día da excursión. O curso de cestería, de xaneiro a marzo de 2023, e o de iniciación ao ‘breaking’, de febreiro a abril, completan a oferta de lecer.

Con respecto ás actividades de formación, a concelleira Rosa Fernández informa de que se ofertará un curso oficial de primeiros auxilios, parcialmente subvencionado e cunha tarifa de inscrición de 55 euros, de 40 horas de duración, a realizar na Finca de Besada a partires de outubro, os martes e xoves de 16.30 a 20.30 horas. Tamén se impartirá un ciclo de monitor ou monitora de comedor escolar, de luns a xoves de 10.00 a 13.30 horas, no mesmo emprazamento, e que tamén está parcialmente subvencionado (prezo de 25 euros). Por último, desde a área de Mocidade lémbrase que segue activo ‘Un ordenador para min’, un espazo de uso libre para realizar xestións e tramitacións como pedir cita no INEM ou renovar a tarxeta de demanda de emprego, entre outras. Requírese de cita previa, chamando ao 986872401 ou enviando un correo electrónico a xuventude@concellopoio.org co asunto ‘Uso ordenador’. O horario de atención e´de 13.00 a 14.30 horas.

Todas estas actividades levaranse a cabo sempre e cando se consiga reunir un número mínimo de persoas inscritas. Ademais, a partires do 3 de outubro a Casa Rosada estreará o seu horario de inverno, de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas polas mañás e de 17.00 a 22.00 horas polas tardes.

Campaña contra o Alzheimer
Por outra banda, a Concellería de Benestar Social e Mocidade colabora activamente coa Confederación Estatal de Mayores Activos (CONFEMAC) para realizar campañas de sensibilización relacionadas coas persoas maiores. Unha desas accións é facer visible o Día Mundial do Alzheimer que se celebra este mércores, 21 de setembro.

A través desta liña de colaboración, o departamento municipal procedeu á pegada de carteis informativos e difusión de material informativo a través dos perfís oficiais do Concello nas redes sociais, para concienciar sobre a necesidade de axudar ás persoas que padecen esta doenza.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas