- A exposición estará aberta do 24 ao 27 de xullo no Salón de Plenos do Concello da Guarda
O concello da Guarda colabora na XXIX edición da Exfimiño 2025 que se celebrará do 24 ao 27 de xullo no Salón de Plenos.
A Sociedade Filatélica Numismática Guardesa inaugurará esta exposición o xoves 24 de xullo ás 20:00h, sendo o comezo de catro días dedicados á filatelia e ao coleccionismo. A exposición poderá visitarse polas mañás de 11:00 a 14:00h e polas tardes de 18:00 a 20:00h.
“Estas exposicións realizadas pola Sociedade Filatélica sempre nos mostran a historia, como van cambiando os costumes, as vilas e a sociedade”, destaca o alcalde.
Ademais de destacadas coleccións filatélicas de toda Galicia tamén se poderán observar coleccións de moedas, recordatorios de comuñón e chaveiros. Para a ocasión presentarase un selo e un cuño conmemorativo en honra do pintor guardés Miguel Ángel Álvarez.

