Home O Condado Mondariz Mondariz abre a piscina municipal ao público

Mondariz abre a piscina municipal ao público

- Anuncio -

O Concello de Mondariz a través do seu alcalde, Calis Montes Bugarín, informa que dende onte xoves día 11 está aberta a piscina municipal acondicionada cunha achega  da Deputación de Pontevedra de 42.272,96€ . A piscina municipal abre de martes a domingo, de 14:30 a 21:00 horas e conta con servizo de socorrista.

Logo de varios anos de abandono, o grupo de goberno encargou os traballos para reparar o vaso da piscina, mellorar os vestiarios, as zonas de lecer e a contorna. Dado o estado de abandono houbo que realizar traballos de demolición e movemento de terras, executar unha nova rede de abastecemento, reparar o grupo filtrante da sala de máquinas, arranxar o pavimento, pintar paredes exteriores e executar traballos de xardinaría.

“Ademais de arranxar todo o espazo e maquinaria estropeada, tamén se actualizaron os equipamentos”, explica Calis Montes, quen asegura que seguirá traballando na procura de alianzas que melloren os servizos públicos e a vida da cidadanía.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas