Home Vigo Mos Mos adhírese á Declaración Institucional do programa ‘Next Generation EU. Fondos de...

Mos adhírese á Declaración Institucional do programa ‘Next Generation EU. Fondos de Recuperación para Europa’ da Xunta

- Anuncio -

A alcaldesa asinou esta mañá o documento de adhesión

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asinou esta mañá a adhesión á Declaración Institucional do programa ‘Next Generation EU. Fondos de Recuperación para Europa’, que representa unha oportunidade de transformación e modernización que o conxunto de Galicia debe aproveitar.

Para iso, cómpre que a distribución dos investimentos teña en conta as singularidades do territorio galego, maioritariamente rural, para contribuír ao seu desenvolvemento económico e frear o seu despoboamento.

Precisamente celebrarase mañá o Encontro Next Generation ´Por un rural forte e conectado´ que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade organiza ás 11,00 horas no Parque do Lago da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Nese encontro presentarase a Declaración Institucional a favor dun reparto equitativo dos fondos Next Generation destinados a actuacións en materia de mobilidade para un rural galego forte e conectado.

Coa sinatura da declaración institucional e do documento de adhesión por parte da rexedora local mosense, o Concello de Mos súmase así a esta importante iniciativa autonómica.

Os representantes da Xunta de Galicia e dos Concellos que asinan a súa adhesión a esta declaración institucional entenden que a Xunta de Galicia e as entidades locais teñen un amplo coñecemento das peculiaridades, singularidades e necesidades de Galicia, dos seus territorios e dos seus cidadáns; así como a importancia de avanzar cara a unha mobilidade sostible, dixital e que conecte e vertebre o noso rural e que os Fondos Next Generation son unha oportunidade única que a Unión Europea pon ao servizo de todos os Estados que a conforman.

Tanto entidades locais como as comunidades autónomas teñen competencias moi relevantes en materia de mobilidade e que esas responsabilidades deben ter a súa correspondencia na asignación destes fondos europeos. Polo que Xunta e Concellos galegos asinantes están convencidos de que os fondos europeos extraordinarios asociados á mobilidade sostible e dixital deben de contribuír significativamente á loita contra o cambio climático, ao progreso económico á cohesión social dos nosos territorios; cremos necesario ampliar ao máximo a cobertura territorial dos investimentos destinados á recuperación e á reconstrución fronte á pandemia para contribuír ao desenvolvemento en igualdade de oportunidades.

A Comisión Europea presentou o pasado 30 de xuño a comunicación “unha visión a longo prazo para as zonas rurais da UE”, na que se propón un Pacto Rural e un Plan de Acción Rural, co obxectivo de facer que as nosas zonas rurais sexan máis fortes, resilientes, prósperas e conectadas. A Comisión solicita aos Estados membros e ás rexións que desenvolvan estratexias de mobilidade rural sostible.

O carácter dos Fondos Next Generation é estratéxico para combater os efectos da pandemia, sentando as bases dun crecemento máis sostible e intelixente. Ademais de para loitar contra o cambio climático, impulsando iniciativas e intervencións de mobilidade saudable, sostible e dixital. Frear o despoboamento do mundo rural e elemento clave do reto demográfico. Facer que as nosas zonas rurais galegas sexan máis fortes, resilientes, prósperas e conectadas. Proporcionar ás nosas economías e ás nosas empresas unha maior competitividade, centros económicos máis desenvolvidos e de maior riqueza. Promover a interoperabilidade e continuidade das redes de transporte existentes, e a intermodalidade e cooperación do transporte por estrada, ferroviario, marítimo e aéreo. E contribuír a acadar os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) incluídos na Axenda 2030.

As administracións asinantes deste manifesto deberían ostentar unha maior representación no reparto e destino dos Fondos “Next Generation”. Por iso solicitan que, cumprindo as premisas dos fondos europeos e da comunicación da Comisión Europea “unha visión a longo prazo para as zonas rurais da UE”, se outorgue liberdade ás Comunidades Autónomas e ás entidades locais para que o destino dos investimentos que lle corresponden supoñan unha ocasión e oportunidade real para incrementar as vantaxes competitivas necesarias para Galicia. As entidades asinantes desta Declaración Institucional consideran prioritaria a participación e o consenso coas comunidades autónomas e as entidades locais na definición dos investimentos en proxectos e infraestruturas a executar en Galicia cos fondos extraordinarios europeos que van ser xestionados de forma directa polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e/ou as súas entidades dependentes, e que supoñen o 67,8% do total dos fondos europeos asignados ao Goberno de España en proxectos de mobilidade sostible e dixital. E desexan transmitir ás autoridades e poderes públicos nacionais, ás administracións, á sociedade e á cidadanía en xeral, a importancia de que as Comunidades Autónomas e as entidades locais formen parte dun reparto equilibrado e de liberdade de investimentos no seu territorio para conseguir unha maior rendibilidade social e económica, e desenvolver o seu potencial de futuro. Entenden que os criterios que defenden para o reparto dos fondos “Next Generation” propiciarán unha mellor integración, cohesión e vertebración da Galicia urbana, da Galicia interurbana e da Galicia rural, para conformar unha Galicia única con igualdade de oportunidades. E comprométense a coordinar as súas estratexias e unir esforzos co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, respectando a cogobernanza que debe presidir a relación da Administración Xeral do Estado coas Comunidades Autónomas e as entidades locais na execución destes fondos, co obxectivo común de obter o maior rendemento económico, social e laboral dos fondos “Next Generation”. Insisten en que actualmente os criterios establecidos no marco das diferentes Conferencias Sectoriais do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e as Conferencias bilaterais no marco dos proxectos panca de mobilidade sostible e dixital limitan substancialmente a capacidade de decisión e intervención da Xunta de Galicia nos concellos galegos, obviando o profundo coñecemento que esta administración ten sobre o seu territorio e necesidades. As partes asinantes trasladan polo tanto esta Declaración Institucional á Ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do Goberno de España declarando que: defenden un reparto transparente, equilibrado e con criterios obxectivos dos fondos “Next Generation” entre as diferentes administracións con relevantes competencias en mobilidade, así como a liberdade de decisión, no marco establecido pola Unión Europea, no destino dos investimentos asignados a cada Administración. Defenden a participación da Xunta de Galicia na toma de decisións en relación coa definición dos investimentos e executar, de forma directa, nos nosos territorios polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e/ou as súas entidades dependentes. Apoian expresamente a realización das oportunas modificacións para que o reparto destes fondos extraordinarios tamén permita unha loita real contra a despoboamento do mundo rural en relación cos proxectos presentados pola Xunta de Galicia. E consideran que o Goberno de España debe levar a cabo as actuacións necesarias para a reorientación e flexibilización dos criterios de investimento establecidos para as Comunidades Autónomas e entidades locais, tanto no relativo ao prazo temporal para a execución do fondo, como o indicado en canto á poboación mínima para a realización da actuación.

Soamente así se avanzará de forma más eficaz cara a unha mobilidade homoxénea, máis integrada e máis xusta, que posibilite o desexado equilibrio territorial entre a Galicia atlántica e do interior e entre a Galicia urbana e a rural e ofreza unhas condicións de accesibilidade similares para todos os cidadáns.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas