A gasolineira Plenoil de O Rebullón instala o segundo existente no municipio e por parte do Concello prevese instalar dous puntos públicos máis durante os próximos meses
O Concello de Mos aprobou en Xunta de Goberno Local do pasado 2 de agosto a autorización para a instalación eléctrica de baixa tensión para puntos de recarga de vehículos eléctricos na gasolineira Plenoil de O Rebullón.
Deste xeito, e co devandito punto de recarga xa en funcionamento, Mos conta co seu segundo punto de carga de vehículos eléctricos operativo. O primeiro atópase instalado na gasolineira Repsol da Avenida de Peinador.
Ademais o segundo tenente de alcaldesa e concelleiro de Contratación, Leo Costas, e o edil de Eficiencia Enerxética e Iluminación Pública, Evaristo Ucha, que esta mañá visitaban a nova instalación en O Rebullón, informaron de que desde o Concello de Mos estse a traballar nun proxecto que se vai a presentar para subvención despois do verán, para situar puntos públicos de recarga en dúas zonas máis do municipio, que probablemente serán As Angustias na parroquia de Sanguiñeda e a Casa do Concello en Petelos. Apuntaron Leo Costas e Evaristo Ucha que “nos vehículos eléctricos está o futuro da mobilidade e é unha das formas máis sostibles e eficientes de desprazarse. Queremos apostar polas enerxías limpas e renovables, concienciados coas necesidades ambientais neste sentido. Somos un Concello que aposta pola defensa e a protección do Medio Ambiente, que non está rifada co progreso e as novas tecnoloxías; e así o demostramos con este tipo de iniciativas”.
“Comprácenos informar aos propietarios de vehículos eléctricos de que xa contan cun novo punto para recargar os seus coches en Mos, sendo os dous puntos da localidade que xa se atopan en funcionamiento: Repsol na Avenida de Peinador e Plenoil Rebullón”, declararon os representantes municipais Costas e Ucha, quenes así mesmo avanzaron que “estes son os dous primeiros dunha rede de puntos de recarga no municipio que desde a administración local prevemos ir ampliando nos próximos meses”.
A instalación eléctrica de baixa tensión para puntos de recarga de vehículos eléctricos en Plenoil Mos está dotada das infraestruturas dunha nova subministración eléctrica de servizo de recarga de vehículos eléctricos con instalación dun punto de recarga equipado con dúas tomas lóxicas, cunha potencia de 60 kW.
As prazas ás que se dota de infraestrutura para recarga de vehículo eléctrico son un total de 2, devanditos puntos de recarga parten dun Cadro Xeral de Baixa Tensión situado no espazo entre prazas dentro dos límites do aparcadoiro.
A subministración en baixa tensión é das seguintes características: Corrente Alterna trifásica con neutro, Tensión 400 voltios entre fases e 230 Voltios entre fases e neutro, Frecuencia 50 ciclos por segundo (Hz) e Número de fases 3 + Neutro.
Trátase dunha infraestrutura para recarga do vehículo eléctrico no exterior. Con potencia > 10 kW. Para o punto de recarga emprégase un cargador de corrente continua, cunha potencia de 60 kW e con dúas tomas lóxicas, o cal conta con capacidade para cargar ata dous vehículos de maneira simultánea.

