A alcaldesa Nidia Arévalo e a Xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller Manuela Vilaboy, xunto ao concelleiro de Igualdade Leo costas, personal do CIM de Mos e o xefe da Polícia Local Gerardo Álvarez tiveron un encontro esta mañá no salón de sesións do Concello.
O Concello de Mos continúa avanzando nos trámites para a incorporación da policía local do municipio ao Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero, coñecido como VioGén, según o acordado na Mesa local contra a violencia de Xénero.
O pasado 16 de Novembro celebrábase no Pazo de Mos a Mesa local contra a violencia de Xénero presidida pola alcaldesa Nidia Arévalo, acompañada doutros membros do equipo de goberno como Leo Costas, concelleiro de Igualdade, Sara Cebreiro, concelleira de Política Social, e Julia Loureiro, concelleira de Educación.
A Mesa estivo integrada, ademáis de polos representantes do goberno local, polo Xefe territorial da consellería de Emprego e Igualdade, José Antonio Rodríguez, a Xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno, Manuela Vilaboy, persoal técnico de Servizos Sociais do Concello, persoal do CIM, persoal do Servizo de Atención Temperá, Policía Local, Garda Civil, Emerxencias do Concello de Mos, Traballador Social do Centro de Saúde, Direccións do IES de Mos, CEIP de Petelos, e CEIP Pena de Francia; a Directora do Centro de Emerxencias, Elena Molanes e unha representante da EMUME (Equipo de Mulleres e Menores) da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Belén de la Morena.
Mos avanza deste xeito na súa incorporación ao sistema da Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio do Interior, que se puxo en funcionamento conforme á Lei Orgánica “de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero”, sendo os seus obxectivos: aglutinar ás diferentes institucións públicas que teñen competencias en materia de violencia de xénero, integrar toda a información de interese que se estime necesaria, facer predición do risco e, atendendo ao nivel de risco, realizar seguimento e protección ás vítimas en todo o territorio nacional, e efectuar un labor preventivo, emitindo avisos, alertas e alarmas, a través do “Subsistema de Notificacións Automatizadas”, cando se detecte algunha incidencia ou acontecemento que poida poñer en perigo a integridade da vítima. Buscando, finalmente, establecer unha tupida rede que permita o seguimento e protección de forma rápida, integral e efectiva das mulleres maltratadas, e dos seus fillos e fillas, en calquera parte do territorio nacional.
Arévalo e Vilaboy avanzaron no proceso para completar a adhesión do municipio de Mos a este sistema, no que o primeiro paso é a Adhesión ao Protocolo FEMP 2006 pola Xunta Local de Seguridade, posteriormente firma do Protocolo de colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local, para posteriormente solicitar á Subdelegación do Goberno en Pontevedra á incorporación e a firma de Convenio entre Ministerio do Interior e o Concello de Mos.
De esta forma, se formalizará o proceso de incorporación de Mos ao sistema VioGén que contempla tamén formación en materia de violencia de xénero e para o manexo da plataforma VioGén aos efectivos da policía local que formen parte do proxecto, permitindo ampliar e mellorar a protección ás víctimas de Violencia de Xénero en Mos.

