Home Vigo Mos Mos avanza nas reunións veciñais cun rexeitamento rotundo á nova A52 noutra...

Mos avanza nas reunións veciñais cun rexeitamento rotundo á nova A52 noutra sesión informativa na parroquia de Pereiras

- Anuncio -

Tras as reunións coas parroquias de Sanguiñeda, Petelos e Tameiga, hoxe celebrouse unha nova xuntanza con Pereiras.

Existe previsión de ampliar nos días 22, 27 e 28 deste mes de Xaneiro os encontros informativos ás 6 parroquias mosenses polas que non transcorrerá o trazado, aínda que se verían igualmente afectadas por proximidade.

Este xoves foi a parroquia de Pereiras quen manifestou o seu rotundo rexeitamento á nova A52, que suporá unha enorme afección a todo o monte comunal da parroquia, alarmada polo novo trazado da autovía A52 proposto polo Ministerio de Transportes e Mobilidade do Goberno de España que afecta dun modo moi importante ao territorio mosense.

Unha proposta de novo vial que pon en perigo, ademais da xestión autónoma do monte en man común de Pereiras, tamén un elevado número de traídas de augas da parroquia, polo que a reunión serviu para dar a coñecer o proxecto e as afeccións, así como para coordinar e facilitar a presentación de alegacións ó proxecto e outras accións.

En xornadas anteriores celebráronse encontros informativos coas parroquias de Sanguiñeda o día 8, Petelos o 9 e Tameiga o 10 de xaneiro. De igual modo estase a traballar para convocar novos encontros nas demáis parroquias mosenses que se verán afectadas por proximidade. Serán o 22 de xaneiro nas parroquias de Mos e Louredo no Pazo de Mos, o 27 no Centro Dotacional de Torroso as parroquias de Torroso, Guizán e Dornelas e o día 28 a parroquia de Cela no local da asociación Celado, todas ás 20 horas.

Nestas xuntanzas se informa que o Concello de Mos pon a disposición da veciñanza os recursos técnicos, humanos e materiais para ofrecer a máxima información e facilitar o dereito a presentar alegacións. Polo que no departamento municipal de Urbanismo atópanse a plena disposición da cidadanía a tal fin todos os días de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Os técnicos municipais do Concello detectaron que o novo trazado da A52 afectaría alomenos a 8 traídas de augas no municipio: 2 na parroquia de Tameiga, 2 en Petelos, 2 en Pereiras, 1 en Sanguiñeda, e unha traída privada: a da Candosa (entre Sanguiñeda e Pereiras).

A web oficial do Concello de Mos, www.mos.es, ofrece a posibilidade de consulta e descarga de toda a información e documentación sobre o proxecto do novo trazado da A52: Modelo de Alegacións, Plano de Trazado, Plano de Ocupacións e Proxecto Completo.

Durante estas reunións están presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, membros do goberno local, representantes do BNG que xunto co Partido Popular defenden esta causa, técnicos municipais e representantes da plataforma DefendeMos (reactivada de novo para esta causa), todos integrantes da Comisión de Seguimento constituída o pasado 13 de xaneiro, na que tamén existe representación dos colectivos sociais afectados.

Dende a plataforma DefendeMos e dende o Concello de Mos en xeral pídese a liberación da peaxe da AP9 no Porriño xa, como solución inmediata e moito menos lesiva co territorio mosense.

Relacionadas

O Rosal inaugura a Oficina da Enerxía para liderar a transición enerxética no municipio

0
O acto inaugural será o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20.00 h no Salón de exposicións do Concello O Rosal segue a dar pasos...

A camelia protagonista esta fin de semana en Tui

0
Setenta e cinco expositores galegos, portugueses e asturianos presentarán no Claustro da Catedral acollerá máis de 125 metros cadrados dedicados a esta flor O Claustro...

Digna Rivas: “Ao negar a represión franquista en San Simón o PP actúa como...

0
Para a rexedora redondelá, as declaracións do deputado popular José Luis Ferro o único que fan é “branquear o franquismo, actuando como cómplice da...

O BNG esixe melloras urxentes en dúas estradas municipais en mal estado

0
Davinia Lojo reclama ao Concello de Marín actuacións inmediatas en Macenlle-A Moreira e Arealonga para garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade da...

O alcalde de Nigrán recomenda ao deputado popular José Luis Ferro a lectura do...

0
Juan González, rexedor de Nigrán e historiador experto na Guerra Civil, ten documentado xunto a Antonio Caeiro e Clara de Saá fusilamentos e centos...

O Porriño contará cunha Sala Lúdica Municipal permanente e con novas instalacións para o...

0
O novo local, situado na contorna do Centro de Saúde e o Pavillón Municipal, foi adquirido recentemente polo Concello por un importe de 169.183,79...

Publicacións Relacionadas