HomeVigoMosMos celebra a súa Papanoelada moteira este domingo

Mos celebra a súa Papanoelada moteira este domingo

- Anuncio -spot_img

O parque O Son do Regueiro, en Torroso, acolle tamén unha exposición de coches clásicos acompañada dunha chocolatada solidaria

O Concello de Mos continúa a encher de espírito festivo e solidario as rúas do municipio coa celebración de dúas actividades abertas á veciñanza o vindeiro domingo 21 de decembro, dirixidas a público de tódalas as idades e enmarcadas na programación especial de Nadal.

A primeira das propostas será a tradicional Papanoelada moteira, que terá lugar a partir das 10:30 horas, con saída desde o parque da Avenida de Sanguiñeda e chegada na Asociación Veciñale Cultural Nosa Terra de Pereiras. A caravana de motos percorrerá un total de 44,600 quilómetros e pasará por diferentes puntos do concello levando ilusión aos máis pequenos e pequenas, con reparto de caramelos e avituallamento, nun ambiente festivo e familiar.

Os principais puntos de paso serán: Avd. de Sanguiñeda, As Angustias, A.V. Veigadaña, Pazo de Mos, Louredo (Cortiñas-Eiragrande), Santiaguiño, Louriñó-Sobráns, Igrexa San Mamede de Torroso, Multiusos-IES Mos, Igrexa de Dornelas, Centro Cultural de Dornelas, San Juan, Peinador, Estrada da Vía-Peña de Francia, Avda. de Puxeiros, Generoso Domínguez, Pardellas, Igrexa de Cela, Atín-PO 331, Camiño da Fábrica-Cristo do Agro, As Vides, Urbanización San Rafael, Campo de Eiró, Avd. de Sanguiñeda, Igrexa de Sanguiñeda, Petelos-Laxe, Capela da San Eleuterio, Urbanización de San Eleuterio, Estrada Pereiras-Tameiga, A.V. Nosa Terra de Pereiras.

No caso de chuvia, esta actividade quedará suspendida.

Exposición e chocolatada

De xeito paralelo, entre as 10:30 e as 14:00 horas, o parque O Son do Regueiro, en Torroso, acollerá unha exposición especial de Nadal de coches clásicos e históricos do Club Clásicos Mos, aberta ao público e acompañada por unha chocolatada para todas as persoas participantes. A xornada contará tamén cunha recollida de alimentos solidarios, en colaboración con Mos Axuda, promovendo a participación cidadá e a solidariedade nestas datas do Nadal.

Desde o Concello de Mos anímase á veciñanza a participar nestas dúas citas que combinan tradición, lecer e compromiso social, facendo do Nadal en Mos un tempo para compartir en comunidade.

Publicacións Relacionadas