Os premios entregaranse o sábado 6 de decembro na apertura do Mercado Aberto Queda en Mos III
Mos xa coñece aos gañadores da campaña “Compra e Gaña en Mos”. O sorteo final dos participantes na campaña realizouse onte pola tarde no salón principal do Concello, despois da campaña de impulso ao comercio local que, un ano máis, contou cunha alta participación da veciñanza e da rede de establecementos do municipio e que chegou a reunir no sorteo unhas 2.500 papeletas.
As persoas premiadas recibirán os seus vales de compra o sábado 6 de decembro ás 12:00 horas, durante a inauguración da III Edición do Mercado Aberto Queda en Mos, un evento xa consolidado que busca dinamizar e visibilizar o comercio de proximidade.
Os premios outorgados son 1 vale de 200 €, 1 vale de 100 € e 4 vales de 50 €. Estes vales poderán empregarse nos establecementos adheridos á campaña.
Os establecementos participantes nesta edición foron: Librería Arte y Ciencia, La Despensa de María, Ferretería Mos, Irmáns Gallego, Floristería Flor de Loto, Floristería Lola, Agro Campo, Pescadería Peinador, Deportes González, Eva Varela, Uxía Zen, Rincón de Ana, Textil Pereira, Naturopatía Saluz, Muebles Soliño, Artesa, Almacenes Celso, Elsa Pereira, Equipemos, Pais Automoción, Bo Camiño, Editorial Edimaes, Alimentación Lola e Kenguru.
O Concello de Mos agradece a colaboración dos comercios adheridos e a participación da cidadanía, reforzando así o compromiso colectivo co comercio local e coa dinamización económica do municipio. O sábado 6, no que tamén se celebra o acendido de Nadal, será tamén unha oportunidade perfecta para celebralo no Mercado Aberto Queda en Mos.



