Home Vigo Mos Mos constitúe a Comisión de Seguemento que coordinará a loita contra a...

Mos constitúe a Comisión de Seguemento que coordinará a loita contra a nova A52

- Anuncio -

Esta mañá celebrouse a primeira sesión e o vindeiro 21 de xaneiro celebrarase a próxima xuntanza á que xa se levará o informe técnico de Urbanismo sobre o cauce das alegacións municipais contra o proxecto

Mos vén de crear unha Comisión de Seguemento para coordinar o movemento municipal e veciñal de rexeitamento á nova A52. A sesión inaugural constitutiva desta Comisión celebrouse esta mañá no salón de sesións do Concello con representación dos membros da mesma que son a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o segundo tenente de alcaldesa e concelleiro de Patrimonio e Coordinación Xeral e Bo Goberno, Leo Costas, o edil de Urbanismo, José Ramilo, o voceiro do BNG, Gustavo Barcia, o Secretario Munipal, Carlos Piñeiro, o Técnico de Administración Xeral e Xurídico do Concello, Víctor Rodríguez, as representantes da Plataforma DefendeMos, Amalia Collazo e Pilar Rodríguez, técnicos do departamento municipal de Urbanismo (dous arquitectos, unha enxeñeira e unha arquitecto técnico) e representantes das asociacións mosenses das parroquias afectadas: AVV Nosa Terra de Pereiras, AVV de Petelos, AVV Ledicia de Sanguiñeda, AVV Chan do Bosque de Amieirolongo-Sanguiñeda e San Martín de Tameiga.

Nesta primeira reunión da Comisión de Seguemento acordouse que formen parte da mesma tamén os concelleiros da Corporación Municipal das parroquias afectadas: do equipo de goberno Feli Rodríguez por Tameiga e Laura Méndez por Petelos, e do BNG Sara Samartín por Pereiras.

Tamén se calendarizou a seguinte xuntanza, programada para o vindeiro 21 de xaneiro ás 19.00 horas; na que os técnicos de Urbanismo aportarán xa o primeiro adianto do informe sobre como se vai enfocar e encauzar a alegación municipal contra o proxecto da nova A52.

Hoxe coordináronse ademáis os grupos de traballo integrados por voluntarias e voluntarios que organizarán a recollida de todas as alegacións posibles de particulares. E acordáronse os lugares das distintas parroquias, os días e as horas nos que se fará a devandita recollida.

Acordouse solicitar apoio e colaboración nesta causa ás tres principais asociacións empresariais e industrias mosenses como son AEMOS (Asociación de Empresarios de Mos), BaRES Mos (Asociación de Hostaleiros de Mos) e ACeS Mos (Asociación de Comerciantes e Servizos de Mos).

Por último consensuouse o lema que encabezará e simbolizará esta loita veciñal contra a nova autovía A52 Vigo-O Porriño que será “DefendeMos, NON á nova Autovía”.

O novo trazado da autovía A52 proposto polo Ministerio de Transportes e Mobilidade do Goberno de España afecta dunha forma moi gravosa ás parroquias de Sanguiñeda, Petelos, Tameiga e Pereiras, así como pon en perigo tamén a traídas de augas parroquiais, (entre elas precisamente as desta última parroquia nomeada: Pereiras).

Se detectou que o trazado da nova A52 afectaría alomenos a 8 traídas de augas: 2 na parroquia de Tameiga, 2 en Petelos, 2 en Pereiras, 1 en Sanguiñeda, e unha traída privada: a da Candosa (entre Sanguiñeda e Pereiras). A nova autovía afectaría ao subministro de auga potable destas comunidades tanto na drenaxe como a pozos, tuberías, areeiros, captacións e cambio de caudais subterráneos.

Na web municipal oficial do Concello de Mos, mos.es, pódese consultar e descargar toda a información e documentación sobre o proxecto do novo trazado da A52: Modelo de Alegacións, Plano de Trazado, Plano de Ocupacións e Proxecto Completo. Para que todo o mundo poida consultar e manexar os datos que estime necesarios e oportunos.

O proxecto da nova A52 non soluciona problema tráfico pesado da A55, xa que os transportistas seguirán indo pola antiga autovía, e que a veciñanza de Mos terá que seguir empregando a A55 porque o novo proxecto non ten entradas nin saídas á nova autovía desde o municipio mosense.

É por elo que este proxecto só soluciona o tráfico que vai desde a viguesa avenida de Madrid cara Tui ou cara a Ourense.

Ademais o túnel ten unha pendente do 5% (fronte o 0,9% de Vigo) o que incrementa exponencialmente tanto a súa perigosidade como a afección ás traídas ou comunidades de usuarios de augas. É dicir, pon o subministro de auga de Mos en grave perigo. Por todo isto desde a plataforma DefendeMos e desde o Concello de Mos en xeral pídese a liberación da peaxe da AP9 no Porriño xa, como solución inmediata. Petición que xa foi manifestada históricamente dende Mos e que se repetía no último Pleno de 2024 celebrado o pasado 30 de decembro, no que se solicitaba de forma urxente ao Ministerio de Transportes, nunha moción conxunta de PP e BNG, a paralización inmediata do novo trazado da A52 e devandita liberación da peaxe. O PSOE negouse a participar nesta proposta común e votou en contra da mesma.

A rexedora local, Nidia Arévalo, asegurou neste senso que “esta vai a ser a primeira moción de moitas, imos a estar de novo na batalla para paralizar este proxecto garrafal para Mos e vai ser un movemento encabezado polos veciños e nós, goberno e BNG, ao seu carón para que non se vexa ningún tinte nin interese político, sen máis bandeira que a bandeira de Mos e a defensa dos seus intereses”.

Arévalo tamén dixo na reunión desta mañá que “non permitiremos que ninguneen, pisoteen e devasten de novo o noso territorio, xa que a alternativa do Ministerio resulta completamente agresiva e prexudicial, destruíndo e paralizando 5 solos urbanizables, con demolición de naves, e afectando de forma directa a máis de 100 familias que ven afectadas as súas vivendas, así como múltiples afeccións a viais municipais estruturantes e augas, e derribo da pasarela peonil de Amieirolongo que o propio Ministerio construiu hai apenas dous anos”.

“Estamos diante dunha nova infraestrutura de gran capacidade que afecta gravemente ao noso concello e que queda lonxe de arranxar a problemática actual de tráfico e sinistralidade. Máis cando hai xa alternativas que poden supoñer un custe moito menor tanto a nivel económico, como ambiental e social, como sería liberar a AP9”, insistiu. “Que se libere a peaxe do tramo Puxeiros-Porriño da AP-9, xa que a gratuidade da AP-9 é unha solución sinxela, inmediata e non lesiva para o territorio, ademáis de notablemente máis barata que o novo proxecto plantexado”. Concluiu a alcaldesa de Mos.

O Concello de Mos pon a disposición de toda a veciñanza os recursos técnicos, humanos e materiais para a máxima información e exercer o dereito a presentar alegacións. Polo que no departamento municipal de Urbanismo atópanse a plena disposición da cidadanía a tal fin todos os días de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Relacionadas

O Rosal alza a súa voz a prol da infancia e adolescencia no 8º...

0
Grande experiencia de Isabella, Elda e Lola, integrantes de ‘Fogaricos’, nun evento que contou coa participación de 180 nenos, nenas e adolescentes de toda...

Nigrán epicentro do Bádintón Español

0
Esta próxima fin de semana 18 e 19 de xaneiro volve o mellor bádminton nacional á localidade de Nigrán con motivo da celebración do...

O PP alerta da “fuga de policías locais” que solicitan traslado para irse de...

0
• Pardo defenderá os dereitos dos axentes municipais nunha moción que urxe o incremento do persoal de policías locais, o respecto aos seus dereitos...

A exposición Chicas nuevas 24 horas, chega ao Porriño para chamar a atención contra...

0
● A mostra pode visitarse no primeiro andar do Centro Cultural Municipal en horario de mañá e tarde A exposición Chicas nuevas 24 horas ,...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo a actuación ‘Emovere’ da Fundación Igual Arte

0
Seis bailaríns con capacidades diferentes dirixidos por Elena Fole realizaron este espectáculo que viaxa a través das emocións O Concello de Nigrán ofrece este domingo...

O BNG pide campañas de sensibilización sobre as consecuencias das drogas, especialmente entre as...

0
Unha das cuestións que está a preocupar aos veciños e veciñas da vila nos últimos días é a aparición de xeringas en diversas rúas,...

Publicacións Relacionadas