– O tradicional concurso municipal de postais navideñas leva este ano ese título, que pretende fomentar a ilusión e a creatividade dos pequenos, para que deixen voar a súa imaxinación e plasmen o que significa para eles o verdadeiro espírito navideño
– O concurso consta de 3 categorías por idades, e os gañadores sairán da votación dos propios participantes
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, informaron hoxe de que xa se atopa aberto o prazo de presentación de obras ao tradicional concurso de postais de Nadal do Concello.
Dirixido a toda a cativada que queira participar, o concurso titulado “Espírito do Nadal”, pretende que a través dos seus debuxos e mensaxes, os nenos e nenas participantes, expresen como interpretan a esencia desta celebración tan especial. “Esta é unha gran oportunidade para deixar voar a súa imaxinación e plasmar nunha postal o que significa para eles o verdadeiro espírito do Nadal”, explicaron as representantes municipais Arévalo e Cebreiro.
“O Nadal é un tempo cheo de maxia, alegría e momentos especiais que nos invitan a compartir, axudar e celebralo xuntos. Para moitos, o verdadeiro espírito do Nadal significa bondade, xenerosidade e amor cara aos demais. Cada neno vive e sente o Nadal dunha forma única e especial, e queremos darlle a oportunidade de expresar toda esa ilusión e creatividade”, insisten a rexedora local e a edil de Cultura e Política Social, quenes quixeron ademáis convidar “a todos os nenos e nenas a participar no noso Concurso de Postais “Espírito do Nadal””.
Poderán participar todos os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. A postal poderá ser en galego ou en castelán. Poderáselle engadir ademais de debuxo todo tipo de ilustracións, fotos, etc. Poderanse empregar os materiais que se desexen: ceras, lápices, bolígrafos, rotuladores, telas, recortes, etc. O tamaño non poderá exceder dun folio tamaño A4 por un só lado, e a extensión mínima será de medio folio A4 por un só lado.
Convídase a engadir tamén unha frase; pode ser un desexo que non sexa de carácter material ou expresando qué lles gustaría que cambiase no seu contorno cotián, dos amigos/as, familiares, na escola, dos pais, etc.
A postal deberá ser obra do/a propio/a neno/a, que incluirá ao final como mínimo, o seu nome, idade, enderezo e teléfono de contacto. Só se aceptará unha postal por persoa.
Establécense 3 categorías de idade distribuídas da seguinte forma: Categoría I de 3 a 5 anos, Categoría II de 6 a 8 anos e Categoría III de 9 a 12 anos.
As postais pódense entregar na Biblioteca Pública Muncipal María Magdalena en horario de luns a venres: de 10:00 h. a 21:00 h. E estarán expostas nunha mostra que permanecerá na Biblioteca do 23 de decembro ao 03 de xaneiro en horario de 09:30 h. a 14:30 h.
O xurado estará formado polos propios nenos/as participantes no concurso. Dende o 23 ao 27 de decembro, en horario de 09:30 h. a 14.30 h., poderán visitar a exposición para votar unha obra de cada categoría.
Establécese un premio por categoría. Os premios entregaránse o xoves 2 de xaneiro de 2025 nun acto con animación na propia Biblioteca. Os premios consistirán nun vale de compra máis un diploma para cada un dos/as gañadores/as das tres categorías.