Home Vigo Mos Mos dá a benvida á nova estación cun plan de embelecemento de...

Mos dá a benvida á nova estación cun plan de embelecemento de zonas verdes

- Anuncio -

Investiranse preto de 20.000 euros en compra de maquinaria para mantemento de parques e xardíns e de 1.600 unidades de exemplares de especies de tempada, para potenciar a fermosura das áreas axardinadas xa existentes e habilitar tamén outras de nova creación

Mos dá a benvida á primavera cun plan de posta en valor das súas zonas verdes que se prolongará durante dous meses, o presente mes de abril e o vindeiro maio.

Á espera de que melloren as condicións meteorolóxicas, Mos iniciará nos vindeiros días un plan de embelecemento das zonas verdes do municipio, como informaron as representantes locais, Nidia Arévalo, alcaldesa mosense e Laura Méndez, concelleira de Medio Ambiente. Plan de potenciación do fesmosismo na localidade que inclúe axardinamento, prantación de especies florais e arbustivas de tempada, mantemento e posta en valor de zonas verdes xa existentes e creación doutras novas; e adquisición de material e maquinaria de limpeza e coidado de parques e xardíns.

Deste xeito Mos estrea a primavera coa posta a punto dos seus xardíns e zonas verdes que, entre outras medidas inclúe, como se dixo, o axardinamento de diversas zonas en todas as parroquias. Nesta prantación, que se iniciará en canto as condicións climáticas o permitan, Mos florecerá con 1.600 unidades de distintas variedades que incluirán exemplares de impatiens valeriana, impatiens guineana, petunia, petunia surfinea, tagetes, begonia semperflora, begonia tuberosa, verbena, etc… Prantación que requerirá dunha inversión que ronda os 3.500 euros.

Este labor de mantemento e posta en valor das zonas verdes do Concello realizarase tanto nos lugares habituais como en áreas de nova creación tales como a contorna da Capela de San Eleuterio, a contorna da Biblioteca Municipal María Magdalena, a Senda Cicloturista Alto de Barreiro-Santiaguiño, e novas xardineiras en entornos contiguos a diversos viais municipais. Así mesmo, nestas áreas de nova creación incluiranse zonas máis afastadas, denostadas e pouco estéticas para embelecelas (nas que se actuará mediante o deseño de paisaxes resilientes); tal é o caso de lugares próximos a polígonos industriais e infraestruturas viarias como a Veigadaña, certos enclaves da parroquia de Pereiras, Coto Blanco en Tameiga, a contorna do cemiterio municipal de Torroso… etc. Neles realizarase a implementación de ferramentas innovadoras na xestión paisaxística consistentes na creación de bandas de vexetación para a separación e así minorizar a contaminación acústica e visual e na creación de espazos naturais verdes, coa prantación de árbores e instalación de mobiliario de madeira.

O terceiro piar deste plan de benvida á primavera en Mos co embelecemento e posta en valor de espazos verdes inclúe a adquisición de material e maquinaria de limpeza e coidado de parques e xardíns, para a cal vénse de solicitar subvención á Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan +Provincia 2024.

As ferramentas a adquirir serán un total de 121 unidades que inclúen desde forcas, pás, vasoiras, escobóns, e carretillas, ata hidrolimpadoras… etc. por un importe total que ascende aos 6.700 euros. E a maquinaria que se comprará tamén coa axuda provincial do Plan +Provincia será de 3 desbrozadoras, 2 sopladores, e 1 cortacéspede que suporán un investimento total de preto de 8.000 euros. Entre ferramenta e maquinaria suman 127 aparellos a comprar por importe de 14.700 euros.

Con todo este material implementarase a limpeza de elementos e entornos patrimoniais do Concello de Mos tales como as escaleiras da Igrexa de San Pedro de Cela, o Pazo de Mos… etc.

Entre o axardinamento mediante prantación de especies de tempada e a adquisición de novo material para o servizo de mantemento de parques e xardíns, Mos fará un investimento de 18.200 euros.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas