HomeVigoMosMos homenaxeou a 90 mulleres emprendedoras do municipio para conmemorar o 8M

Mos homenaxeou a 90 mulleres emprendedoras do municipio para conmemorar o 8M

- Anuncio -spot_img

Tiveron o valor e a fortaleza de botar a andar os seus negocios nas 10 parroquias mosenses e en sectores tan diversos como o sanitario, estético, deportivo, educación, espectáculos, alimentación, hostalería, farmacia, comercio…

Onte pola tarde celebrouse no Pazo de Mos un acto homenaxe ás MULLERES EMPRENDEDORAS mosenses. Preto de 90 mulleres de diferentes sectores (sanitario, estético, deportivo, educación, espectáculos, alimentación, hostalería, farmacia, comercio, etc) foron recoñecidas polo seu valor e esforzo á hora de decidir emprender e desenvolver cargos de responsabilidade nas súas respectivas empresas.

Na homenaxe con motivo do 8M estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, e demais membros da Corporación Municipal mosense. Arévalo, rexedora local do Concello de Mos, puxo en valor “o papel da muller en postos de responsabilidade e na sociedade en xeral, como piar empresarial en Mos pero tamén como piar das familias e exemplo de traballo duro e superación”. “Estou enormemente orgullosa das mulleres mosenses”, continuou a alcaldesa, “fortes e loitadoras; e estou orgullosa de que sexamos tantas as que hoxe nos reunimos neste Pazo de Mos para reivindicar e facer visible a nosa valía, que os sectores e postos antes maioritariamente masculinos xa non o son, ou non o son tanto, porque logramos facernos o noso oco neles, o que nos corresponde e merecemos por méritos propios, capacidade e aptitudes”.

O acto foi presentado pola xornalista do grupo Televigo – Radio Vigo Cadena Ser e veciña da parroquia de Pereiras, María Díaz, e organizado coa colaboración de Alba, educadora social e directora do CIM, Ana, Xurídica do CIM, María, Psicóloga do CIM, e Elena, psicóloga familiar do departamento de política social. Contouse coa ACTUACIÓN MUSICAL DE ERIKA LEWIS, mosense, tamén natural da parroquia de Pereiras, que forma parte do grupo de música Broken Peach, e é mestra de canto na escola MaiSon.

Fixeron 6 intervencións MULLERES EMPRENDEDORAS de Mos: LOLA de FLORISTERIA LOLA. LARA da TENDA DE HIPICA “EQUIPEMOS”. LUCÍA E ROSANA, do Restaurante Quinta da Rivas en Torroso. MIKAELA, a propietaria da orquestra M3. PATRICIA, DA CLÍNICA DE PSICOLOXÍA ENTROPÍA. E MARI CARMEN SOLIÑO de Muebles Soliño.

Todas as homenaxeadas, por parroquias, foron as seguintes:

CELA:

CLINICA DENTAL CRISTINA GONZALEZ

PANADERÍA NOVA DEVESA

DE BOA MAN ESTEOPATIA

PEREIRAS:

PANADERIA SAN MIGUEL (MARI)

LA TIENDA DE LA RUBIA

DINAILS UÑAS (DIANA)

FLORISTERIA VERSILIA

FLORISTERIA FLORIMAX (MERCEDES ALMEIDA)

CORTINAS CORFE (ANA ALONSO)

LOUREDO:

EQUISTRIAN ATYLO SHOP

TEN DESTRICT (CRUZ)

MOS:

EQUIPEMOS (LARA)

CASA PAZ

ALIMENTACION PAZ (GELUCA)

PISAMOS PODOLOGÍA (CARLA)

BO CAMIÑO (ESTHER)

CAFETERIA PAZO DE MOS (NILSA)

CENTRO INTEGRAL (LAURA)

UÑAS JENNY BARCIELA

PIANAGRAMA (ANA BELEN)

DEBORA ESTILISTAS

VANESA NOGUEIRA ESTÉTICA

TAPERIA FLORA

FLORISTERIA LOLA

A CASA DOS PARLADOIROS (VIOLETA)

ÁS MAIMIÑAS (IRENE e LUCIA)

DORNELAS:

LA TIA TULA (Yoli)

MUEBLES SOLIÑO (Mari Carmen e Tere)

FURGO CAN (MAYRA)

FOTOGRAFÍA MARIA SANTORIO

TORROSO:

PELUQUERIA SUSI

PESCADERIA LUZ

SEGUROS GENERALI (SONIA)

ESTANCO PEINADOR (MARIA)

GRANLEY (INÉS)

BOMBOM BOUTIQUE

CLÍNICA DENTAL PEINADOR/ CLINICA FISIOTERAPIA INTEGRA

CENTRO SALUZ NUTERAPIA

RESTAURANTE QUINTA DA RIVAS (LUCIA e ROSANA)

CESAR BLANCO (MARTA)

ARTESA ALIMENTACIÓN (MARI CARMEN)

FARMACIA PEINADOR (ELISA)

TAMEIGA:

BIOTERAPIA EVA VARELA

FLORISTERIA FLOR DE LOTO (CONCHI e FANY)

SUPERMERCADO PUXEIROS (EVA)

INMOBILIARIA LOYDA

AUTOESCUELA LUSANT (YOLI)

ESCOLA INFANTIL SORRISOS

SUPERMERCADO LAXE

EL RINCON DE ANA

VISUALIZA (FLOR)

CENTRO DE ESTÉTICA CARMEN LIRANZO

BAR FLORIANO

ESTANCO PEREZ

PELUQUERIA CLASS SALON

PELUQUERIA ELSA PEREIRA

PELUQUERIA MARTA

SARA LAGO PELUQUERÍA

GIMNASIO ZUSANLY

BAR O BOCADIÑO

BAR CURUXEIRA (Elvira e Estrella)

PELUQUERIA MARY CARRERA

ENTROPIA CLINICA DE PSICOLOGÍA

ROSANA NAVARRO AVOGADA

BAR PORTELA

UXIA CENTRO DE IOGA

ESTHER ALONSO, AVOGADA

GUIZÁN:

ALIMENTACION LOLA

BAR VEIGA

BAR O CABALIÑO

BAR CRUCEIRO

IRENE SOTO

AGROCAMPO

CARNICERIA DE PILAR

PETELOS:

BAR MIRO PEREIRO

ALMACENES RUBI

ORQUESTA M3 (MIKAELA)

SANGUIÑEDA:

FARMACIA SANGUIÑEDA

ESTANCO ANIBAL

CENTRO DE DIA ADIANTE

AUTOESCUELA QYARO

CLINICA DENTAL PATRICIA CARRERA

BAR PONTE DE SENLLE

NOVANITY PELUQUERIA

BAR BARREIRO

AGROPORRIÑO (Isabel)

Publicacións Relacionadas