Home Vigo Mos Mos inicia a acometida do proxecto senlleiro para a posta en valor...

Mos inicia a acometida do proxecto senlleiro para a posta en valor de Alfacuca

- Anuncio -
  • O acondicionamento da histórica aldea na parroquia de Louredo conta con subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e forma parte do programa CoidaMOS da concellería de Medio Ambiente mosense
  • Invístese nos traballos de recuperación e mellora un orzamento total de preto de 100.000 euros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e a concelleira de Medio Ambiente mosense, Laura Méndez, visitaron hoxe a recentemente iniciada obra de posta en valor da Aldea Alfacuca en Louredo, que está previsto quede rematada dentro deste mesmo mes. Unha vez finalizados os traballos, o Concello sacará a concurso a explotación do espazo que garanta o mantemento, conservación e actividade dinamizadora do lugar.

A posta en valor da Aldea Alfacuca en Louredo forma parte do plan municipal CoidaMOS e está a ser levada a cabo grazas ao apoio autonómico da Consellería do Medio Rural, concretamente no marco do Programa de Proxectos Senlleiros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

O obxecto deste proxecto é o de acondicionamento dun espazo público como é Alfacuca para uso formativo e de lecer de cara á promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da zona. Para elo asinouse un convenio entre a administración local mosense e AGADER.

Os obxectivos desta iniciativa son, segundo informaron os representantes municipais Arévalo, Grandal e Méndez Senlle, “a preservación dos valores sociais e culturais do medio rural, a potenciación de elementos que recuperen ou manteñan a historia e a memoria da comarca, a mellora da relación social dos veciños, a revalorización de infraestruturas e inmobles desaproveitados, e o fortalecemento do orgullo e satisfacción de pertenza á comunidade rural beneficiaria do proxecto”.

Para elo realízanse unha serie de actuacións tales como traballos de limpeza e desbroce do terreo: roza e limpeza superficial do monte baixo incluíndo os arbustos. Nos camiños e cunetas existentes, limpeza do pavimento pétreo mediante a aplicación sobre a superficie de lanza de auga a presión para eliminar os musgos, limpeza de cunetas e desatasco de sumidoiros exteriores. Mellora do acceso ás plataformas do invernadoiro e horta. Pavimento de saburra natural granítica con bordos pétreos para xerar os novos camiños e reparación dos existentes. Mellora de accesibilidade dada a grande pendente da rampla, transformación do primeiro tramo mediante a construción dunha escaleira de madeira de piñeiro. No tramo superior da mesma colócanse sobre a pedra listóns de madeira. Delimitación da zona da parcela onde se desenvolverán as actividades: utilízanse postes de madeira de piñeiro tratada para exterior colocados a unha distancia que permitan a seguridade e manteñan una estética na parte baixa da parcela. Nas zonas perimetrais coas zonas forestais utilízanse valados cinexéticos de 2m de altura formadas por malla metálica anudada, soportada por postes de madeira de piñeiro-país tratada para exterior.

Tamén se acomete o acondicionado interior e exterior das edificacións existentes: o grado de acabado e conservación das edificacións actuais é distinto en función da posición das mesmas. As edificacións con acabado exterior de madeira precisan tratamento da madeira, que se atopa en estado de deterioro, sobre todo as fachadas máis expostas ao sur e ao oeste. Substitúense os elementos danados e faise unha consolidación xeral comprendendo: lixado das zonas deterioradas, tapado de fendas, gretas e buratos, aplicación de aceites vexetais, ou ceras naturais. Porase en servizo o edificio dos aseos e farase a instalación completa das duchas e vestiarios. Para todo elo faise un investimento total de 97.841,45 €.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a “vangarda” do Centro de Procesado Avícola de Coren e a...

0
O presidente da Deputación visitou as instalacións do Centro de Procesado Avícola, en Santa Cruz de Arrabaldo, onde traballan máis dun millar de empregados Menor...

A Xunta pon en marcha o novo polo de Vilanova de Arousa, consolidando con...

0
― José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.800 proxectos...

O Concello de Baiona celebra o seu magosto popular

0
A zona vella de Baiona acollerá este sábado 16 de novembro de 2024, un tradicional magosto popular. O evento terá lugar na carpa instalada...

Escape Room “Rexeita os malos tratos” no IES Primeiro de Marzo

0
Mais de 200 alumnos e alumnas do IES Primeiro de Marzo participan esta semana na actividade Escape Room educativo “Rexeita os malos tratos”, organizada...

Alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe a unha nova proxección do programa O...

0
A través do cine traballarán na importancia do deporte, a inclusión, as redes sociais, a discapacidade intelectual e os videoxogos O cinema coma ferramenta educativa...

Sindy Takanashi e Diana López conversarán en Marín sobre ciberacoso, violencia sexual e machismo...

0
O coloquio feminista entre a creadora de contidos e a xornalista será o 21 de novembro ás 19.30 horas no Museo Torres e forma...

Publicacións Relacionadas