HomeVigoMosMos inicia este venres o seu Outono Gastronómico con tapas, pinchos e...

Mos inicia este venres o seu Outono Gastronómico con tapas, pinchos e sobremesas elaborados con produtos de tempada

- Anuncio -spot_img

Trece locais ofrecen exquisitas propostas elaboradas con cabaza, cogomelos e castañas

Dende o 7 ata o 30 de novembro, os bares e restaurantes do municipio únense para celebrar o Outono Gastronómico en Mos, unha iniciativa municipal coa colaboración da Asociación de Hostalería e Turismo Bares Mos, que pon en valor os sabores máis auténticos da estación —a cabaza, os cogomelos e as castañas— e impulsa o consumo na hostalería local.

Durante estas semanas, veciños e visitantes poderán degustar tapas, pinchos e sobremesas de outono e, ademais, participar nun sorteo instantáneo con premios directos, que se entregarán ao momento cada vez que se probe algunha das creacións gastronómicas incluídas na campaña como imáns, velas perfumadas ou chaveiros.

A proposta combina gastronomía, sorte e tradición para fomentar o consumo de produtos da terra e dinamizar a economía local a través da hostalería mosense.

Establecementos participantes e propostas gastronómicas:

ABAIUCA DE MOS: Torta de castañas.

🕐 Martes e xoves de 13.00 a 16.00 h

ADEGA TÍA CARMEN: empanadillas de cogomelos con castañas e croquetas de cogomelos con castañas.

🕐 Martes a venres de 19.00 a 23.00 h

BAR MACEIRA: hamburguesa “Entre Maceiras e Castiñeiros”.

🕐 Luns a sábado de 13.00 a 15.30 h

🕐 Xoves a sábado de 20.00 a 23.00 h

ASADOR EDAN: tapa “Otoniel”: solombo de tenreira galega ou de porco celta, bañado en salsa de cogomelos de tempada e cabaza.

🕐 Luns a sábado (excepto mércores) de 12.00 a 16.30 h e de 20.00 a 23.30 h

BAR VEIGA: croqueta de cogomelos, hamburguesa de tenreira (180 g) con crema de cogomelos, champiñóns e cebola caramelizada e torta de queixo con castañas.

🕐 De 13.00 a 16.00 h e de 20.00 a 23.00 h

O ALPENDRE: Spaghetti de sepia con salsa de cogomelos, chulas de cabaza con marmelada de castañas.

🕐 Martes a domingo de 13.00 a 15.30 h e de 20.00 a 23.00 h

A RODEIRA: Lacón con grelos e castañas, cogomelos ostra e sitake con orella.

🕐 Venres a domingo de 13.30 a 15.00 h e de 20.00 a 23.30 h

RESTAURANTE ESTEBAN: Cogomelos estofados con taquiños de xamón, salteado de cogomelos, risotto de cogomelos, croquetas de cabaza.

🕐 Luns a sábado de 13.00 a 16.00 h

🕐 Venres e sábado de 20.30 a 22.30 h

TAPERÍA BAXIÑA: croquetas de cogomelos, trufa e tres queixos, crema de cabaza e queixiños, revolto de cogomelos.

🕐 Venres a domingo de 20.00 a 00.00 h

🕐 Sábados e domingos de 13.00 a 17.00 h

RESTAURANTE QUINTA DA RIVAS: solombo de porco ibérico con cogomelos e salsa Portobello, sitake e ostra.

🕐 Domingo a venres de 12.00 a 16.00 h

TAPERÍA FLORA: empanadilla de cogomelos e panceta ibérica.

🕐 Xoves a sábado de 12.00 a 16.00 h e de 20.00 a 23.00 h

BAR O BOCADIÑO: garavanzos con cogomelos, pote de castañas e cabaza, tostas con cogomelos, beicon e nata e castañas cocidas.

🕐 Mércores a domingo de 13.00 a 15.30 h

BAR RESTAURANTE CURUXEIRA: tortilla de cogomelos con xamón serrano, hamburguesa de carne mixta con crema de champiñón Portobello e tiramisú de trufa.

🕐 Luns a sábado de 20.00 a 23.00 h

O Outono Gastronómico de Mos é unha oportunidade perfecta para saborear o mellor da tempada, apoiar os establecementos locais e descubrir a creatividade culinaria da hostalería mosense.

Publicacións Relacionadas