Mos prepárase para acoller a terceira edición do Festival Saúde Natural

adminON
Lectura mínima de 2

A alcaldesa de Mos Nidia Arévalo, xunto á concelleira de Participación Cidadá Julia Loureiro e os organizadores presentaron este multitudinario evento que terá lugar os próximos 29 e 30 de Xuño no pabillón óscar Pereiro.

O Festival da Saúde Natural é un evento anual que celebra e promove enfoques integrais para a Saúde, o benestar e a vitalidade. Durante a celebración do festival, as persoas participantes reúnese para explorar unha amplísima gama de prácticas e técnicas naturais que abarcan dende a naturopatía, reflexología, acupuntura, masaxe ata a nutrición consciente.

Dende clases de Ioga e pilates ao aire libre, ata talleres de meditación guiada, talleres para nenos e nenas, taller de alimentación crudivegana e moito máis, o festival ofrece unha experiencia única que inspira ás persoas a tomar o control da súa Saúde de forma integral

Ademais das actividades prácticas, o festival conta tamén con ponencias de expertos en Saúde e benestar, como médicos, biólogos, matronas naturópatas, etc.

O público asistente terá a oportunidade de aprender e compartir coñecementos sobre como levar unha vida máis saudable, e equilibrada de forma natural. Tamén participarán nesta terceira edición 5 autores que firmarán exemplares dos seus libros unha vez finalizada cada unha das súas charlas.

A organización trata de ofrecer un ambiente vibrante e acolledor, neste festival que con tan soamente dúas edición nas súas costas, tense convertido nun punto de encontro clave para aquelas persoas que buscan explorar e celebrar os beneficios dun enfoque integral cara o coidado do seu corpo e mente.

Con entrada gratuita e un total de 43 Stands, o festival ofrecerá unha programación pensada para todas as idades, con música en directo, comida e inchables para os máis pequenos.

Se ofrece toda a información sobre charlas e talleres.

Comparte este artigo