Mos promove unha nova proposta turística cun atractivo cruceiro polo Mediterráneo

Redacción
Lectura mínima de 2

O Concello de Mos informa da posta en marcha dunha nova iniciativa turística dirixida á veciñanza, que permitirá gozar dunha experiencia completa a bordo do cruceiro MSC Seaview polo Mediterráneo, cun itinerario que combina destinos culturais e paisaxísticos de gran interese.

A viaxe desenvolverase do 8 ao 17 de outubro, cun percorrido que inclúe as cidades de Bari, Santorini, Atenas, Olimpia (Katakolon), Cefalonia e Corfú, regresando novamente a Bari.

O paquete ofertado inclúe voos directos de ida e volta desde Oporto, maleta facturada de 20 kg, estancia en hotel en Bari en réxime de aloxamento e almorzo os días previos ao embarque, así como todos os traslados necesarios. Durante o cruceiro, as persoas participantes aloxaranse en camarote dobre interior en réxime de pensión completa.

Ademais, a proposta incorpora tres excursións incluídas nos destinos de Katakolon, Santorini e Pireo, así como taxas, propinas e seguro de anulación e asistencia médica, garantindo así unha experiencia segura e organizada.

O prezo total da viaxe é de 1.495 euros por persoa.

Dende o Concello de Mos anímase á cidadanía a participar nesta iniciativa, que combina ocio, cultura e comodidade nunha contorna única como é o Mediterráneo.

Para máis información e reservas, as persoas interesadas poden contactar co Concello de Mos no teléfono 666 999 937.

Comparte este artigo