Mos recibe á pequena gran atleta mosense, Clara Lago, Subcampioa Galega de salto de altura

adminON
Lectura mínima de 1

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez, o tenente de alcaldesa, Camilo Grandal, e a concelleira de Política Social e Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, recibiron esta mañá no Concello a Clara Lago Soliño, de 9 anos de idade e veciña da parroquia de Tameiga, que se achegou ata a Casa Consistorial mosense acompañada da súa irmá Alba, da súa nai e da súa avoa (que tamén corre media maratóns, maratóns e fai ultra trails de máis de 100 km).

Clara compite co club atletismo Beade e proclamouse Subcampioa Galega benxamín de salto de altura nas probas realizadas o sábado 8 de xuño, cunha marca de 1,05 mtrs.

E tamén foi bronce, obtivo un 3º posto, na modalidade de relevos 4x50m.

O Campionato foi a fin de semana do 8 e 9 de xuño na Coruña.

Pese á súa curta idade, Clara adestra todos os días un mínimo de hora e media e non fai parón de verán, xa que nesta tempada estival está a realizar adestramentos un mínimo de 4 días por semana. Gran esforzo o desta cativa que está a dar os seus froitos. Todo un exemplo.

Comparte este artigo