Mos segue a loitar contra a fenda dixital e a axencia de colocación eríxese en polo de capacitación dixital no rural

adminON
Lectura mínima de 6

–          Dentro das políticas municipais de emprego ponse en marcha un Centro de Capacitación Dixital con accións formativas xa programadas desde o 13 de decembro de 2014 ao 27 de outubro de 2025

–          Os cursos a impartir abarcan tanto público adulto en busca de emprego, como persoas maiores que precisan realizar comunicacións e transaccións seguras en liña utilizando os seus propios dispositivos, ou cativada coa que facer a primeira alfabetización dixital que derive en formación máis complexa na que se inclúan a programación e robótica

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Emprego e Educación, Julia Loureiro, informaron hoxe de que desde a Axencia de Colocación do Concello de Mos ponse en marcha un Centro de Capacitación Dixital a través da aula CCD de Mos.

Con esta iniciativa Mos segue a loitar contra a fenda dixital no rural e despunta como polo de capacitación en habilidades dixitais. O novo centro que desenvolverá accións formativas con programación xa marcada desde o 13 de decembro deste ano ao 27 de outubro de 2025, nace tras a concesión de subvención á administración local por parte do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e pola unión europea _Next Generation_, con cargo a unha liña de axudas para entidades locais para a creación dunha rede de centros de capacitación dixital en entidades locais para o exercicio económico do ano 2024, no marco do PRTR. 

O obxectivo pretendido é “achegar á cidadanía a posibilidade de formarse en competencias dixitais transversais, ofrecendo oportunidades de formación con independencia do lugar de residencia ou formación previa da mesma e facilitando, por tanto, un acceso á formación compatible coas obrigacións da cidadanía derivadas de distintas condicións persoais, laborais ou sociais”, segundo declararon as representantes municipais Arévalo e Loureiro.

Deste xeito levaranse a cabo actividades especialmente dirixidas a axudar aos cidadáns para realizar comunicacións e transaccións seguras en liña utilizando os seus propios dispositivos electrónicos e a familiarización ou “primeira alfabetización dixital”, como instrumento de novas oportunidades de formación e aprendizaxe, e vencellando esta primeira capacitación dixital coa oportunidade de progreso a outra formación máis complexa na que se inclúan a programación e robótica sen distinción de sexo ou idade, de acordo co Marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.

Este obxectivo e iniciativa encádrase perfectamente dentro das políticas activas de emprego que se están desenvolvendo anualmente polo Concello de Mos.

Desde a concellería, considérase imprescindible a capacitación das persoas demandantes de emprego para que estas persoas teñan as competencias dixitais necesarias para a procura de emprego e para a realización de formación presencial e en liña ocupacional. Polo que a creación dun Centro de capacitación dixital no municipio é clave para ofrecer unha formación e capacitación dixital de calidade ás persoas usuarias.

Este Centro estará integrado nunha Rede de aproximadamente 1500 Centros/Aulas de capacitación dixital. Por todo elo atopámonos ante unha gran oportunidade para a entidade local para facilitar aos veciños e veciñas do municipio a posibilidade de acceder á Rede de Centros de Capacitación Dixital, a través da aula CCD de Mos.

Desde este mes de NOVEMBRO está ABERTA a inscrición nos cursos. Como as prazas son limitadas, rógase que as persoas interesadas rexístrense durante este mes de novembro e decembro, para calquera dos cursos programados, e indiquen a preferencia de datas.

Trátase de cursos de dixitalización aplicada de 30 horas, moi práctico, dirixidos a calquera persoa interesada (desempregada ou traballadora) en mellorar as súas competencias dixitais. O programa formativo correspóndese cos contidos dunha unidade de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (SNCFP), o que permitirá du acreditación no mesmo.

As accións formativas distribuiranse en unidades de formación de 7,5 horas cada unha:

1)            Tecnoloxías Habilitadoras Dixitais (2 h): Coñecer as aplicacións do IoT: Intelixencia artificial, Big Data, 5G, robótica colaborativa, Blockchain, Ciberseguridade, realidade virtual, economía circualr, 4ª Revolución Industrial, entre outras.

2)            Información e alfabetización dixital (7,5 h): Xestión correo electrónico, Google Calendar, marcadores sociais, buscadores, introdución á Big Data, Intelixencia artificial (aplicacións, ramas, perigos).

3)            Comunicación e colaboración (7,5 h): Identificar medios de comunicación sinxelos e apropiados para un contecto determinado, recoñecer tecnoloxías dixitais, blogs, Redes sociais: FB, IG, You Tube. Teams, Skype, Slack, Ework. Netiquette. Casos de uso.

4)            Creación de contidos dixitais (7,5 h): Office 365, Imaxe, vídeo e audio; Zoom, presentacións en liña, opcións de gravación, pensamento computacional; realidade aumentada e Impresión 3 D.

5)            Seguridade na Rede (7,5 h): Seguridade en terminais móbiles, como protexer a rede. Ciberataques, Blockchain. Identidade dixital.

6)            Resolución de problemas: Aplicacións de xestión de equipos en remoto (Evernote, Basecamp, …). Introduccióin ás metodoloxías áxiles: Manifesto Agile. Introdución SCRUM. Xestión da contorna VUCA.

Comparte este artigo