Mos ultima o orzamento de 2025 e presenta unha liquidación do 2024 cun remanente de Tesourería positivo en máis dun millón de euros

adminON
Lectura mínima de 4

A estabilidade orzamentaria é de 3.443.454,37 euros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a súa concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e os demais edís integrantes do equipo de goberno local, xunto co persoal do departamento municipal de intervención, atópanse ultimando o orzamento do Concello de Mos para o presente ano 2025 que anunciaron lles será entregado a vindeira semana aos grupos da oposición da Corporación Municipal para ser aprobado en Pleno o próximo día 14 de marzo.

Precisamente onte pola mañá, aproveitando a celebración da sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno Local, levaron a cabo unha mesa de traballo para dar as últimas pinceladas ao orzamento anual e a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, deu conta durante a mesma do dato en positivo da liquidación do exercizo 2024.

Arévalo informou duns datos altamente positivos que se resumen nas seguintes cifras: un resultado orzamentario de 2.098.652,84 euros, un remanente de Tesourería positivo en +1.043.448 euros fronte ao de 2023 que era negativo en -1.922.500,81 euros, un aforro bruto de 3.146.565 euros e un aforro neto de 2.627.322,641 euros.

Todo elo fai que a porcentaxe de endebedamento descenda ata o 16,38%.

Sobre estes resultados o Informe de Intevención conclúe que “a liquidación de 2024 reflexa un resultado orzamentario positivo o que supón que os dereitos recoñecidos (ingresos) do pasado exercicio foron maiores que as obrigacións recoñecidas (gastos) do mesmo exercicio, é dicir, que os ingresos orzamentarios foron suficientes para cubrir os gastos orzamentarios. Por outra banda o remanente de tesourería informa sobre a capacidade da administración de facer fronte as súas obrigacións a corto prazo. Na presente liquidación o remanente de tesourería é positivo, así como tamén o é o Aforro Neto. E por último, respecto do Nivel de Endebedamento, examinados os datos contables dedúcese que se cumpre con este requisito xa que a porcentaxe do 16,38 % non excede do 110% dos ingresos correntes liquidados no exercicio 2024”.

Ademais a alcaldesa aportou outro dato enormemente positivo relativo á estabilidade orzamentaria na liquidación do 2024, que ascende a 3.443.454,37 euros (cifra que na liquidación de 2023 era tamén negativa).

Por todo elo Nidia Arévalo declarou sentirse “orgullosa dos boísimos resultados da liquidación do ano 2024, que lle dan un xiro de 180 graos á situación económica da aministración local, que se reconduce cara a unha senda na que continuaremos coa execución do novo orzamento para este 2025”. Neste senso a alcaldesa gradeceu o arduo traballo realizado desde os departamentos de Intervención e Tesourería de actualización e revisión do Padrón de todas as taxas e impostos, para que toda a veciñanza, tanto empresa como habitantes particulares, pasasen a tributar o que lles correspondía contribuíndo en igualdade de condicións, sen prexuízos nin agravios para ninguén e seguindo o camiño da equidade e a xustiza social respecto das obrigas tributarias.

“Agora esta intensa laboura dá os seus froitos, como tamén o fai a nosa política de xestión económica eficaz e eficiente”, declarou Arévalo, quen concluiu manifestándose “satisfeita dos máis que positivos resultados da liquidación do orzamento do 2024, que se producen gracias ao impecable e responsable labor do goberno municipal en xeral, e da concellería de Facenda en particular”.

Comparte este artigo