HomeVigoMosMos únese á mobilización estatal “1m² contra a basuraleza” para loitar contra...

Mos únese á mobilización estatal “1m² contra a basuraleza” para loitar contra o abandono de residuos na natureza.

- Anuncio -spot_img


O Concello de Mos sumouse esta mañá á 9ª edición de “1m² contra a basuraleza”, unha acción cidadá promovida polo Proxecto LIBERA —impulsado por SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes— que mobilizou miles de persoas en máis de 740 puntos de toda España para limpar contornas naturais de residuos abandonados.

A limpeza celebrouse no espazo natural do Rejo das Laxes, con punto de encontro no Centro Cultural e Veciñal Celado. Xunto a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, participaron nesta actividade Ana Ortiz, delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Bruno de Llano, portavoz do proxecto LIBERA, Gusavo Ferreiro, en representación de SEO/BirdLife e os concelleiros Laura Méndez e Evaristo Ucha.

Este ano, a mobilización adquiriu un significado especial ao celebrarse entre dúas datas clave: o Día Mundial do Medioambiente (5 de xuño) e o Día Mundial dos Océanos (8 de xuño). Así mesmo, a xornada foi tamén un recordatorio do contexto ambiental crítico que vivimos, tendo en conta que o pasado 23 de maio España entrou en déficit ecolóxico, esgotando os recursos naturais dispoñibles para todo o ano.

Nesta edición, a recollida de residuos foi acompañada dun labor de caracterización, empregando a APP Basuraleza, co obxectivo de obter datos concretos sobre o tipo e a cantidade de residuos atopados. Esta información permitirá promover políticas ambientais máis eficaces e medidas preventivas reais.

Nidia Arévalo quixo destacar “o valor educativo e ético desta iniciativa, que contribúe á concienciación social e á protección do patrimonio natural do municipio”. Pola súa banda, os portavoces da actividade sublimaron que “LIBERA non é só unha chamada de atención, senón unha chamada á acción”, destacando a importancia de involucrar á cidadanía na loita contra a basuraleza.

Esta acción en Mos supón a segunda fase da limpeza levada no Rejo das Laxes, trala acción realizada no mes de novembro cun importante número de voluntarios do Concello que quixeron sumarse á iniciativa que demostra que, coa colaboración de administracións, entidades e persoas comprometidas, é posible avanzar cara a un futuro máis limpo, sostible e consciente.

Como dato destacado, a raíña Dona Sofía participou esta mesma semana nun dos puntos de recollida de basuraleza, dentro desta campaña “1m² contra a basuraleza”, en Puente del Jarama, San Fernando de Henares (Madrid), xunto a decenas de voluntarios. Leva colaborando con esta campaña dende 2018.

Publicacións Relacionadas