HomeVigoMosMos vólcase coa formación dixital adaptándose ás circunstancias da nova realidade

Mos vólcase coa formación dixital adaptándose ás circunstancias da nova realidade

- Anuncio -spot_img

A crise sanitaria da COVID-19 obriga a primar e potenciar a formación para o emprego on line e desde a Axencia de Colocación do Concello de Mos póñense en marcha dúas novas iniciativas nas que as persoas interesadas en participar deben incribirse esta mesma semana

A concellería de Promoción Económica, Desenrolo Empresarial e Emprego que dirixe a edil Julia Loureiro, informa de varias iniciativas postas en marcha desde a Axencia de Colocación de Mos nas que as persoas interesadas en inscribirse para participar nelas deberán facelo esta semana.

O Concello de Mos está adherido desde fai anos con organismos relacionados coas novas tecnoloxías. Polo que desde fai anos a orientación tecnolóxica do Concello está definida e clara.

Algúns dos organismos cos que se colabora de xeito moi activo son a Rede Conecta, a través da Fundación Esplai e a Fundación Cibervoluntarias.

A través destas dúas entidades incorpórase á programación formativa da Axencia de colocación do Concello de Mos neste mes de febreiro un obradoiro de márketing dixital on line e unha convocatoria de exames de certificación en novas tecnoloxías.

O taller de márketing dixital on line do Programa Extraordinarias é totalmente gratuíto para os/as participantes e impartirase o 11 de febreiro ás 18.30 horas.

Trátase dun Programa destinado a formar en márketing dixital a mulleres emprendedoras de zonas rurais co fin de potenciar ideas e negocios activos que están xerando valor e economía local para impulsalos a nivel global. Extraordinarias é un programa conxunto de Zona from Facebook e Fundación Cibervoluntarios xunto co Concello de Mos. As inscricións neste obradoiro deberán formalizarse na web https//mos.portalemp.com

Por outra banda está a certificación en competencias dixitais Microsoft Office Specialist e IC3. Estas certificacións son posibles grazas ao apoio da Rede Conecta á que está adherido o Concello de Mos.

Trátase da 3ª quenda de exames de certificación (tamén gratuíta) convocada pola Rede Conecta para realizar desde a casa. Cada persoa só poderá apuntarse a unha das dúas modalidades de exame.

As convocatorias son para dúas modalidades: Modalidade Microsof Office Specialist (MOS), cun solo exame sobre Word 2016 o 24 de febreiro ás 10:00 horas, sobre Excel 2016 o 25 de febreiro ás 10:00 horas, e sobre Power Point 2016 o 26 de febreiro ás 10:00 horas. E Modalidade IC3 GS5, con ata 3 exámenes sobre Fundamentos da Informática o 24 de febreiro ás 12:00 horas, Aplicacións Chave o 25 de febreiro ás 12:00 horas e O mundo de Internet o 26 de febreiro ás 12:00 horas. A data límite de pre inscrición será o venres día 5 de febreiro. E a devandita pre inscrición deberá formalizarse exclusivamente na ligazón https://fundacionesplai.org/area-formacion/certificacion-de-competencias-tic/formulario-examenes-de-certificacion-gratuita-febrero-2021/?utm_source=mailpoet&utm_medium=email&utm_campaign=difusion_examenes_gratuitos_certificacion_IC3_MOS_febrero

A xestión das inscricións e exames realízase exclusivamente desde a Rede Conecta a través deste enlace.

Será imprescindible a confirmación partir do luns 15 de febreiro de todas as persoas pre inscritas, que recibirán un correo cun formulario adxunto, para confirmar a súa presencia no exame. Só aquelas persoas que confirmen, recibirán a convocatoria online final para o exame. A data límite para esta confirmación é o día 19 de febreiro.

Ante calquera dúbida os/as interesados/as poden contactar coa Axencia de Colocación no teléfono 986487786 para poder xestionar coa Rede calquera incidencia.

Publicacións Relacionadas