Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que se celebrará o día 9 de setembro
Na tarde deste xoves 19 de decembro, durante a gala celebrada no Palacio Municipal IFEMA Madrid, fíxose público que o Concello de Mos voltará a ser protagonista, por terceira vez xa, de La Vuelta Ciclista a España. E é que a localidade mosense será chegada da etapa 16 da edición 80 de La Vuelta que terá lugar en 2025. Trátase da etapa Poio > Mos, que se celebrará o martes 9 de setembro.
Mos está de novo de noraboa, con esta nova cita que de seguro levantará paixóns tanto entre os amantes do ciclismo, como entre o público xeral. Cita máis que sinalada no calendario do vindeiro ano 2025 e que vén precedida xa doutras dúas: a etapa 15 de La Vuelta 2020 Mos (Pazo)-Puebla de Sanabria, e a etapa 20 de La Vuelta 2021 Sanxenxo-Mos (Castro de Herville). E agora, de novo Mos, por terceira vez, fai historia no deporte de máis alto nivel.
A etapa de Mos, a celebrar o vindeiro 09 · 09 · 2025, será a número 16 e contará cunha lonxitude de 172 km. Trátase dunha etapa de Media Montaña que sairá de Poio, pasando por Pontevedra, Arcade, Pazos de Borbén, Ponteareas, Salceda de Caselas, Tui, Alto de San Antoniño, Baiona, Alto da Groba, Tebra, Alto de Prado e meta de novo en Mos-Castro de Herville.
Sobre ela o COMENTARIO DE FERNANDO ESCARTÍN versa o seguinte: “En La Vuelta 21 vivimos una apasionante jornada camino de Mos en un terreno que volverá a ver pasar al pelotón de La Vuelta en 2025. Etapa con cuatro puertos puntuables y con un terrero muy quebrado en la segunda mitad que hará muy complicado echar abajo la fuga del día, si la hay”.
A etapa anterior, a número 15, será A VEIGA/VEGADEO > MONFORTE DE LEMOS. E a seguinte, a etapa 17: O BARCO DE VALDEORRAS > ALTO DE EL MORREDERO. PONFERRADA.
Mos será de novo meta de La Vuelta 25 o vindeiro 9 de setembro, algo que non é mera casualidade senón que “é froito do amor e a aposta decidida de Óscar Pereiro polo seu pobo e froito tamén da confianza depositada por Javier Guillén en Galicia en xeral, como zona histórica e recurrente de paso de La Vuelta; e en Mos en particular” declarou a este respecto a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo.
A rexedora local aproveitou para destacar que “desde o Concello de Mos lle estamos inmensamente agradecidos a Óscar Pereiro por ser o primeiro e principal valedor do noso pobo, de Mos, nesta hazaña deportiva que volve a situar a Mos no mapa e a convertilo xa, indiscutiblemente, en emblema nacional do ciclismo”. E declarouse “satisfeita e enormemente orgullosa de que La Vuelta volte a elixir a Mos dentro do seu percorrido e ademáis por terceiro ano. Facendo de novo a Mos protagonista”. E insistiu Arévalo en que “esta é unha gran sorpresa, un gran agasallo de Nadal para todos os mosenses, un agasallo moi especial e inesquecible, poder volver a ser chegada dunha etapa de ‘La Vuelta Ciclista a España’”.
La Vuelta é a carreira ciclista profesional máis importante de España e unha das máis importantes do mundo. É a única proba de estrada de tres semanas, xunto ao Giro d’Italia e o Tour de France.
Organizada por primeira vez en 1935, baixo o paraugas das Diario Informaciones, La Vuelta tivo un crecemento exponencial ao longo dos seus 90 anos de historia. Das 14 etapas da primeira edición pasouse a 21, a súa celebración mudouse do mes de abril ao de agosto e o número de participantes incrementouse en máis dun centenar. Neste camiño pasou polas mans de distintos organizadores: Informaciones, Diario Ya e o Correo Español do Pobo Vasco, antes de ser finalmente xestionada por Unipublic desde 1979 ata hoxe.
A primeira etapa da Volta tivo lugar o 29 de abril de 1935, unha efeméride da que en 2025 cumpriranse 90 anos. Durante estas nove décadas celebráronse 79 edicións (a 80 edición terá lugar en 2025) debido a que nalgúns anos a carreira non se puido celebrar por motivos políticos, bélicos e pola mala situación económica do país tras os conflitos.
En 2025 a carreira iniciarase en de a Rexión de Piemonte. A xornada inaugural de La Vuelta 25 partirá de Torino – Reggia dei Venaria, para dirixirse ata Novara nunha xornada en liña de 183 quilómetros con paso polo Porto Bienca-Tomalino. A segunda etapa iniciarase en Alba e concluirá 157 quilómetros despois en Limone Piemonte, no que supoñerá o primeiro final no alto da carreira. A terceira etapa en territorio transalpino disputarase entre San Maurizio Canavese e Ceres sobre un percorrido de 139 quilómetros e paso polo Porto Issiglio. A cuarta etapa empezará en Susa.